"Ismael" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PERSOEIRO
Promotor, guionista e director cinematográfico. Aos 15 anos entrou no mundo da industria cinematográfica como axudante publicitario na compañía distribuidora Salvador Cárcel S A, de Caracas, da que chegou a ser vicepresidente. Tamén colaborou con numerosos medios de comunicación, tanto na prensa escrita coma na radio. En 1962 regresou a España e fundou as empresas Cocines S L, Ars Films S A e Kalekia S A, así como Ismael González P C, desde as que importou, exportou, distribuíu, produciu e exhibiu películas, e foi o pioneiro na distribución do cine de Arte e Ensaio en asociación con Barcino Films S A, con títulos tan emblemáticos como El ángel exterminador (L. Buñuel, 1962) ou El imperio de los sentidos (N. Oshima, 1976). Produciu numerosas películas, dirixidas tanto por el como por outros cineastas, entre outros os primeiros traballos de Fernando Trueba ou as curtametraxes de Diego Galán e, xunto con este último, foi membro fundador da Joven Crítica. En 1981 organizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome bíblico, adaptado ao grego e ao latín coma Ismael, que procede do hebreo Yishma’el ‘Deus escoita’. Na historia bíblica Ismael era o fillo que o patriarca Abrahán tivo coa súa escrava Agar. Santo Ismael (s IV), mártir baixo Xuliano o Apóstata, celébrase o 17 de xuño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe bíblico, fillo do patriarca Abrahán e da súa escrava exipcia Agar. A esposa de Abrahán, Sara, pedíralle a este que concibise un fillo coa escrava ao non podelos ter ela. Estando embarazada, Agar fuxiu ao deserto, pero un anxo do Señor ordenoulle volver, anunciándolle que do fillo que lle ía nacer tería moitos descendentes. Cando Abrahán xa tiña 86 anos naceu Ismael. Tempo máis tarde, Sara conseguiu finalmente concibir un fillo, Isaac e cando naceu este, mandou ao deserto a escrava e o seu fillo. A Biblia conta que Ismael tivo doce fillos, os ismaelitas, que fundaron as doce tribos árabes do N de Arabia, establecidas entre Exipto e o Golfo Pérsico. O propio Mahoma colocou a Ismael á cabeza da súa xenealoxía. Segundo o islamismo, axudou a Abrahán na construción da Meca.
-
-
Descendente de Ismael. Estendéronse desde Exipto ata o Golfo Pérsico e habitaron, sobre todo, o L de Palestina e a rexión circundante do golfo de ‘Aqaba.
-
Nome que se adoita dar aos comerciais de caravanas e á xente nómade, independentemente do seu país de orixe.
-
-
PERSOEIRO
Actor. De familia de actores, en 1933 debutou no teatro coa obra La vuelta al mundo en 80 días. A partir de 1941 dedicouse ao cine, con filmes como Rojo y negro (1942), Ídolos (1943), Cuento de hadas (1951), Trío de damas (1960), La caza (1966), Flor de santidad (1973) e Entre hermanos (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Membro do PSdeG-PSOE desde 1978, foi concelleiro (1983-1987) e primeiro tenente de alcalde (1987-1993) de Cervo e concelleiro de Burela. Deputado no Parlamento Galego desde 1990, é voceiro do grupo socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro agrónomo. A súa ideoloxía galeguista levouno ao compromiso co agro galego. Colaborou coa Misión Biolóxica de Galicia, e con diversos periódicos e revistas. Publicou numerosos artigos e os libros Enfermedades y plagas de las plantas cultivadas (1952) e La rentabilidad de la tierra en la provincia de Pontevedra (1962). Recibiu a Orden Civil al Mérito Agrícola e o Premio Nacional de Prensa Agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO