González Díaz, Ismael

González Díaz, Ismael

Promotor, guionista e director cinematográfico. Aos 15 anos entrou no mundo da industria cinematográfica como axudante publicitario na compañía distribuidora Salvador Cárcel S A, de Caracas, da que chegou a ser vicepresidente. Tamén colaborou con numerosos medios de comunicación, tanto na prensa escrita coma na radio. En 1962 regresou a España e fundou as empresas Cocines S L, Ars Films S A e Kalekia S A, así como Ismael González P C, desde as que importou, exportou, distribuíu, produciu e exhibiu películas, e foi o pioneiro na distribución do cine de Arte e Ensaio en asociación con Barcino Films S A, con títulos tan emblemáticos como El ángel exterminador (L. Buñuel, 1962) ou El imperio de los sentidos (N. Oshima, 1976). Produciu numerosas películas, dirixidas tanto por el como por outros cineastas, entre outros os primeiros traballos de Fernando Trueba ou as curtametraxes de Diego Galán e, xunto con este último, foi membro fundador da Joven Crítica. En 1981 organizou os I Encontros de Cine de Autor e Arte e Ensaio de Vigo e tamén participou na fundación da Filmoteca do Pobo Galego. Realizou numerosos traballos de corte documental referidos a Galicia como son Laxeiro en Galicia (1980) e Os galegos (1990). Na década de 1970 participou nalgunhas obras sobre fenómenos paranormais, foi guionista de Existió otra humanidad (Julián Marcos, 1975-1976), e dirixiu El ayer, hoy y mañana del misterio de los ovnis (1977). A mediados da década de 1980, baixo os pseudónimos de Jones I. Costas e Félix Varón, realizou algunhas películas eróticas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : San Félix de Varón, O Carballiño