"Istria" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Nome italiano da cidade eslovena de Koper.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península de Europa Meridional, á beira do Mar Adriático, que está situada entre os golfos de Trieste, ao NO, de Venecia, ao O, e de Kvarner, ao L. A maior parte pertence a Croacia; tan só o sector máis setentrional lle corresponde a Eslovenia. O principal núcleo urbano é Pula. Habitada polos vénetos, foi conquistada polos romanos (177 a C). Dominada sucesivamente polos visigodos (401), os hunos (452), os ostrogodos, os croatas (s VI) e os lombardos, formou parte da marca de Friuli na época de Carlomagno. Integrouse despois no Sacro Imperio, e pasou ao dominio dos venecianos no s XI, coa excepción de Trieste que formou parte dos territorios dos Habsburgo desde 1382. Polo Tratado de Campoformio (1797), foi concedida a Austria e despois a Francia (1805), pero volveu ao dominio austríaco en 1815. En 1861 concedéuselle a autonomía e foi incorporada ao Reino de Italia no 1920. Cedida a Iugoslavia polo Tratado de París (1947), foi repartida entre as repúblicas de Eslovenia e Croacia, coa excepción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Croacia (2.813 km2; 205.717 h [2001]). A súa capital é Pazin (4.987 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego, conde de Kapodistrias. En 1809 entrou ao servizo do tsar Alexandre de Rusia e en 1816-1822 foi o seu conselleiro en política exterior. En 1828 foi elixido presidente de Grecia, e tres anos máis tarde foi asasinado nun atentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Décima rexión de Italia no ordenamento de Augusto, que limitaba ao L con Iliria e Panonia, ao N co Nórico e Retia, ao O con Transpadana e ao S con Emi­lia. Baixo Diocleciano converteuse en provincia romana, sometida ao vigairo de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO