"Izabal" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Político e financeiro. De familia xudía, dedicouse aos negocios dende ben novo. Despois do Trienio Constitucional ou Liberal (1823) exiliouse en Londres, dende onde financiou a expedición que rematou coa monarquía absoluta en Portugal. No 1835 volta a España e foi nomeado Ministro de Facenda e logo Xefe do Goberno, tras do que ocupou de novo o Ministerio de Facenda (1836, 1837 e 1843). Sobranceira figura do Partido Progresista, promoveu dende o seu ministerio un paquete de reformas das que salientan, por unha banda, o alistamento xeral no exército (servicio que podía trocarse polo pagamento dunha indemnización), e por outra, a supresión de case todas as ordes relixiosas (1835) agás as dedicadas ao ensino e á asistencia, vendendo os bens do resto ( desamortización) en subasta pública (leis do 1836 e 1837). O obxectivo destas medidas era ao tempo de carácter económico e político, pero non foi plenamento desenvolvido. Cando no 1844 os moderados acadaron o poder exiliouse novamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Avogado dos colexios oficiais de Madrid e València, foi deputado por Madrid en 1844 e por Pontevedra en 1867. Nomeado en abril de 1867 senador vitalicio, foi membro do Consello de Estado e vicepresidente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación. Escribiu Apuntes para una historia de la legislación española sobre imprenta desde 1840 al presente (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e actor. Formouse no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Na súa pintura destaca o tratamento da luz e da cor. Realiza paisaxes, bodegóns e flores, sen esquecer a figura humana. Membro do grupo teatral El Pequeño Zoo, realizou escenografías para diversos grupos. En 1985 elaborou para o Centro Dramático Galego o vestiario e a decoración da peza teatral Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Realizou a súa primeira mostra individual en Ferrol (1970) e dende entón expuxo en distintas cidades como A Coruña, Santiago de Compostela, Madrid e Vitoria. Recibiu o Premio de Pintura no XXX Certamen de Arte de Vitoria (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (9.038 km2; 333.956 h [estim 2000]). A súa capital é Puerto Barrios (39.379 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Pasou a España en 1761 e trala invasión da Península Ibérica por Napoleón, formou parte da Junta Central e foi membro da primeira rexencia do reino (1810). Defensor dos dereitos de Fernando VII, este nomeouno ministro de Ultramar (1814) e posteriormente conselleiro de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás lardizabaláceas.

    2. Planta da familia das lardizabaláceas.

    3. Familia de plantas dicotiledóneas, da orde das ranais, integrada por lianas e arbustos, de follas a miúdo palmeadas e flores actinomorfas solitarias ou en acios. Son propias do hemisferio meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei aprobada en 1837 a instancias de Juan Álvarez Méndez, marqués de Mendizábal, vixente entre 1836 e 1854. Para paliar a crecente débeda pública, intentaba que a burguesía se fixese cargo das terras en mans mortas co fin de aumentar a produción agrícola. Co decreto do 19 de febreiro de 1836, a lei de desamortización poñía á venda todos os bens das ordes relixiosas extinguidas, e co decreto do 8 de marzo de 1836 elimináronse as corporacións relixiosas de clérigos regulares. En Galicia destacaron as vendas de foros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Álvarez Méndez.

    VER O DETALLE DO TERMO