Álvarez Méndez, Juan ou Marqués de Mendizábal

Álvarez Méndez, Juan ou Marqués de Mendizábal

Político e financeiro. De familia xudía, dedicouse aos negocios dende ben novo. Despois do Trienio Constitucional ou Liberal (1823) exiliouse en Londres, dende onde financiou a expedición que rematou coa monarquía absoluta en Portugal. No 1835 volta a España e foi nomeado Ministro de Facenda e logo Xefe do Goberno, tras do que ocupou de novo o Ministerio de Facenda (1836, 1837 e 1843). Sobranceira figura do Partido Progresista, promoveu dende o seu ministerio un paquete de reformas das que salientan, por unha banda, o alistamento xeral no exército (servicio que podía trocarse polo pagamento dunha indemnización), e por outra, a supresión de case todas as ordes relixiosas (1835) agás as dedicadas ao ensino e á asistencia, vendendo os bens do resto ( desamortización) en subasta pública (leis do 1836 e 1837). O obxectivo destas medidas era ao tempo de carácter económico e político, pero non foi plenamento desenvolvido. Cando no 1844 os moderados acadaron o poder exiliouse novamente ao estranxeiro, volvendo o 1847. Durante a revolución do 1848 opúxose aos intentos progresistas e demócratas de derrocamento da ditadura de Narváez. Pertencente á francmasonería de rito escocés, procurou actuar polo xeral de acordo cos intereses británicos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cádiz

  • Deceso

    Lugar : Madrid