"Jackson" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. As súas primeiras obras foron neoclásicas, como o Ithiel Town de New Haven, despois realizou construcións historicistas gregas e góticas. Introduciu o uso do ferro na arquitectura estadounidense coa construción dunha tenda en Nova York en 1835.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico da arquitectura e da xardinería. Especializouse no estudo das casas de campo e da xardinería. Creou a revista The horticulturist dende a que promoveu a agricultura científica. Planificou, entre outros, os xardíns para o Capitolio e a Casa Branca. Foi autor, entre outras obras, de Treatise on the Theory and Practice of Landscape Gardening, Adapted to North America (Tratado sobre a teoría e a práctica da xardinería paisaxista, adaptado a Norteamérica, 1841), Cottage residences (Casas de campo, 1842) con A. J. Davis e The architecture of country houses (A arquitectura das casas de campo, 1850).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Mississippi, EE UU, situada na beira dereita do río Pearl (184.256 h [2000]). É un centro industrial téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político estadounidense. Sétimo presidente de EE UU (1829-1837), defendeu a autoridade federal fronte á ameaza de secesión de Carolina do Sur, e opúxose á renovación do privilexio da banca nacional e ao conxunto das medidas económicas que pretendían situar a EE UU na vía dun capitalismo liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador estadounidense. Estudiou a historia de España, sobre todo o período republicano e da Guerra Civil, e publicou, entre outras obras, The Spanish Republic and the Civil War, 1931-1939 (1965) e Civilization and barbarity in 20th century Europe (1999). Recibiu o Premio Elio Antonio Nebrija 2003 polo seu labor como hispanista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica e teatral inglesa. En 1966 fixo o seu debut no cine con Marat-Sade, de Peter Brook, sobre a obra de P. Weiss. Conseguiu o Oscar á mellor interpretación feminina, en dúas ocasións, por Women in Love, de K. Russell en 1970, e por A Touch of Class, de M. Frank, en 1973. Participou tamén en The Romantic English-woman (1975), de J. Losey, The Rainbow (1989), de K. Russell e King of the Wind (1990), de P. Duffel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Colaborador de M. Luther King na loita polos dereitos da raza negra, en 1971 creou o People United to Serve Humanity (PUSH). Foi candidato do Democratic Party nas presidencias de 1983 e 1988. Na década de 1990 exerceu como mediador en numerosas misións de paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Michael Joseph Jackson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante estadounidense de pop-rock. Coñecido como Michael Jackson, deuse a coñecer co grupo Jackson Five. Converteuse, na década de 1980, nunha das figuras mundiais da música xuvenil. Gravou, entre outros, os discos Thriller (1982), con máis de 40 millóns de copias vendidas, Bad (1987), Dangerous (1991), History (1995) e Unbreakable (2001). Morreu no ano 2009 dun paro cardiaco aos 50 anos na súa casa de Bel Air en Florida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Viaxou polo O de EE UU durante vinte e cinco anos para fotografar espacios naturais. Documentou a construción da liña férrea da Union Pacific (1869). As súas imaxes sobre Yellowstone serviron para a creación do primeiro parque nacional americano (1872). Colaborador de Har -per’s Weekly, foi asesor do filme Gone With the Wind (1938). A súa obra expúxose no Museum of Modern Art de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Florida, EE UU, situada no esteiro do río Saint John’s (735.617 h [2000]). É un destacado centro turístico, ademais de núcleo industrial automobilístico e da construción naval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Spike Lee, a partir de 1986 erixiuse en xefe da denuncia das confrontacións raciais emprendida por unha nova xeración de cineastas negros. Realizou os filmes She’s Gotta Have It (1986), Mo’Better Blues (1990), Jungle Fever (1991), Malcom X (1992), Come Rain or Come Shine (2001) e 25th Hour (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Instalouse en Nova York, onde realizou a súa obra. Influído pola pintura de Benton partiu do rexionalismo, pero desde 1936 desenvolveu a figuración, inspirada na obra dos muralistas mexicanos, de Picasso (The Moon-Woman, 1942) e dos surrealistas europeos (Blue, 1943). En 1939 descubriu as formas de expresión aborixes e desde a década de 1940 cultivou o expresionismo abstracto, con teas de gran formato, dominadas pola cor e a inmediatez da execución (automatismo expresivo), de gran tensión e dramatismo (Number 8, 1949). Foi o membro máis importante da action paiting e produciu obras coa técnica do dripping. Traballou directamente sobre a tea sen tratar e estendida no chan, sen unha composición predeterminada, na que cada elemento perdía a súa individualidade para confundirse co todo nun espazo completo, sen zonas neutras nin baleiras. Desde 1953 retornou á figuración expresionista, influído polas temáticas totémicas (Easter...

    VER O DETALLE DO TERMO