Pollock, Jackson Paul

Pollock, Jackson Paul

Pintor estadounidense. Instalouse en Nova York, onde realizou a súa obra. Influído pola pintura de Benton partiu do rexionalismo, pero desde 1936 desenvolveu a figuración, inspirada na obra dos muralistas mexicanos, de Picasso (The Moon-Woman, 1942) e dos surrealistas europeos (Blue, 1943). En 1939 descubriu as formas de expresión aborixes e desde a década de 1940 cultivou o expresionismo abstracto, con teas de gran formato, dominadas pola cor e a inmediatez da execución (automatismo expresivo), de gran tensión e dramatismo (Number 8, 1949). Foi o membro máis importante da action paiting e produciu obras coa técnica do dripping. Traballou directamente sobre a tea sen tratar e estendida no chan, sen unha composición predeterminada, na que cada elemento perdía a súa individualidade para confundirse co todo nun espazo completo, sen zonas neutras nin baleiras. Desde 1953 retornou á figuración expresionista, influído polas temáticas totémicas (Easter and the Totem, 1953).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cody, Wyoming

  • Deceso

    Lugar : Springs, Long Island