Jackson, Glenda

Jackson, Glenda

Actriz cinematográfica e teatral inglesa. En 1966 fixo o seu debut no cine con Marat-Sade, de Peter Brook, sobre a obra de P. Weiss. Conseguiu o Oscar á mellor interpretación feminina, en dúas ocasións, por Women in Love, de K. Russell en 1970, e por A Touch of Class, de M. Frank, en 1973. Participou tamén en The Romantic English-woman (1975), de J. Losey, The Rainbow (1989), de K. Russell e King of the Wind (1990), de P. Duffel.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Birkenhead, Cheshire