"Jersey" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • ILLAS

    Illa das Illas Anglonormandas, situada no canal da Mancha, Reino Unido (116 km2; 84. 300 h [1991]). A súa capital e Saint Helier. As principais actividades económicas son a horticultura e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no estado de New Jersey, EE UU (228.540 h [1990]). Forma parte da aglomeración urbana de Nova York. As principais industrias son as refinerías de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raza bovina orixinaria da illa de Jersey, de dimensións pequenas e de cor leonada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do NL de EE UU, situado na costa atlántica (20.169 km2; 8.414.350 h [2000]). Limita ao S coa baía de Delaware, ao O con Pennsylvania e ao N con New York. A capital é Treton. Os extremos N e O son máis montañosos mentres que o resto forma parte da planicie costeira. O clima é morno e húmido. O río Delaware, ao O, e o Hudson, ao NL, sérvenlle de fronteira estatal. O 90% da poboación é urbana e as cidades máis importantes son Newark, Atlantic City e a capital. A agricultura ten pouca importancia aínda que posúe gandaría. O nivel de industrialización é moi alto e destacan as fundicións, a industria química (é o primeiro centro de EE UU), a alimentaria, a téxtil, a produción de maquinaria e a construción naval. Habitada polos indios delaware, as costas do territorio foron percorridas por G. da Verrazzano (1524) e Henry Hudson (1609). Colonizado polos holandeses en 1655, foi conquistado polos ingleses en 1664 e uniuse á loita independentista en 1776.

    VER O DETALLE DO TERMO