"Kent" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Poeta simbolista e dramaturgo ruso. A súa obra de creación, publicada moi tardiamente, caracterízase pola tristura das imaxes simbólicas, de inspiración francesa, ás que engade a paixón do mundo clásico. Ademais da traxedia de tema mitolóxico, escribiu tres volumes de poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Kent (560-616), fillo de Eormenrico. Converteuse ao cristianismo e protexeu a Igrexa anglosaxona. Recoñecido bretwalda, exerceu o seu dominio sobre os outros reinos de Inglaterra e elaborou o primeiro código de leis anglosaxonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Reino Unido (3.543 km2; 1.353.200 h [estim 2000]). A súa capital é Maidstone.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e avogada. Doutora en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid (1924), foi a primeira muller en España en exercer como avogada nos tribunais. Durante a Segunda República foi deputada a Cortes (1931, 1936) e directora xeral de Prisións, cargo desde o que intentou mellorar as condicións xurídicas e de calidade de vida da poboación reclusa. En 1937 enviárona a París como secretaria da embaixada española e, ao rematar a Segunda Guerra Mundial, exiliouse en México ata 1949, data na que se trasladou a Nova York. Nesta cidade iniciou o seu traballo na ONU, na sección de Defensa Social (1950-1952), e fundou a revista Ibérica. Publicou Cuatro años en París (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino anglosaxón da Heptarquía habitado polos xutos. O Rei Etelberto I (560-616) acadou a hexemonía de toda Inglaterra ao S do Humber (593?), pero a partir do s VII o reino sucumbiu, primeiro á supremacía do Reino de Mercia e posteriormente ao de Wessex.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, deseñador e paisaxista. Iniciou as formas neoclásicas en Reino Unido aínda que seguiu os esquemas palladianos. Creou o xardín inglés, dosque destacan os de Carlton, Claremont e Chiswick.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore de ata 15 m de altura, de follas pinnadas de cor verde escura, con aspecto de palma. É natural da illa de Lord Howe, preto de Australia. Emprégase coma planta ornamental en parques e xardíns das zonas mediterráneas, xa que necesita dun clima cálido e temperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e compositor. En 1920 comezou a súa actividade de concertista interpretando sobre todo a Bartók e Liszt. Foi autor dalgunhas pezas sinfónicas e de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU (104.661 km2; 4.041.769 h [2000]). A capital é Frankfort (27.741 h [2000]). A súa economía baséase na agricultura e na gandería pero tamén conta con xacementos de carbón, petróleo e gas natural. Habitado polos algonquinos, o territorio foi colonizado na segunda metade do s XVIII e converteuse en Estado en 1792.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • á-Centauri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Uzbekistán e da oblast’ homónima (2.142.700 h [1999]). Situada no val de Čirčik, ten industria mecánica, do metal e lixeira. Centro comercial das rutas de caravanas, foi conquistada por árabes (s VIII) e mongois (s XIII). En 1814 foi anexada polo khanato de Kokand e, en 1865, polos rusos, que construíron unha nova cidade europea a carón da primitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Uzbekistán (15.600 km2; 4.357.000 h [estim 1993]). A súa capital é Taškent.

    VER O DETALLE DO TERMO