Kent Siano, Victoria

Kent Siano, Victoria

Política e avogada. Doutora en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid (1924), foi a primeira muller en España en exercer como avogada nos tribunais. Durante a Segunda República foi deputada a Cortes (1931, 1936) e directora xeral de Prisións, cargo desde o que intentou mellorar as condicións xurídicas e de calidade de vida da poboación reclusa. En 1937 enviárona a París como secretaria da embaixada española e, ao rematar a Segunda Guerra Mundial, exiliouse en México ata 1949, data na que se trasladou a Nova York. Nesta cidade iniciou o seu traballo na ONU, na sección de Defensa Social (1950-1952), e fundou a revista Ibérica. Publicou Cuatro años en París (1948).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Málaga

  • Deceso

    Lugar : Nova York