kentia

kentia
Nome científico: [Howeia forsteriana, Fam das arecáceas]
s f [PLANTA]

Árbore de ata 15 m de altura, de follas pinnadas de cor verde escura, con aspecto de palma. É natural da illa de Lord Howe, preto de Australia. Emprégase coma planta ornamental en parques e xardíns das zonas mediterráneas, xa que necesita dun clima cálido e temperado.