"LDR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 92.

  • Sinal ou marca que aparece na pel adoptando unha cor diferente, orixinada por diversas causas, entre elas, queimaduras ou rozaduras do calzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto composto por dúas pezas de metal que van unidas por un eixe sobre o que xiran, empregado para suxeitar as portas e fiestras ao marco de tal xeito que poidan abrir e pechar.

    2. Peza articulada, xeralmente metálica, que vai pendurada na porta principal dunha casa, empregada para petar nela e chamar a xente que hai dentro da casa.

    3. Barra de ferro empregada para asegurar as portas e contras das ventás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe de aldraba ou picaporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de aldrabar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pechar unha porta ou obxecto semellante, trancándoa de tal xeito que non se poida abrir.

    2. Construír calquera invención que non se identifique coa realidade mesma.

    3. Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘escapar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que non di a verdade, que engana e trabuca á xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aldraba de grandes dimensións que serve para bater nas portas e solicitar así a entrada nun lugar.

    2. Que inventa ou esaxera a realidade das cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa ou orixina aldraxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ofender a alguén maltratándoo moralmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aldraxar.

    2. Anaco de tea vella ou roupa que está en malas condicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola da Coruña. Comeza publicando en diferentes revistas (Ólisbos, Nós, Cadernos do Povo) e participando en recitais. Publicou A palabra no ar (1990), Memória de nove luas (1994), Grimório Azul de Samaná (2011) e O segredo de Sheela na Gig (2017). 
    Colaborou nos cadernos de poesía Ao mar de adentro e 8 e médio. A súa poesía foi incluída en antoloxías como A mátria da palabra e Antologia de poesia lusófona. No 1994 estrea a obra teatral Eva Perón da que é coautora xunto con Ângelo Brea e Roberto Cordovani. Como ensaísta ten publicado traballos sobre lingua e literatura en diferentes revistas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formado no taller paterno, aproxímase á tradición da imaxinería popular en Galicia cunha técnica e un estilo relacionados co escultor Asorey. Participou en diversas exposicións e obtivo unha bolsa pola Deputación da Coruña en Roma para ampliar estudios. Entre 1956 e 1967 foi profesor de modelado na Escola de Artes e Oficios de Santiago, á que se incorporaría logo dunha pequena paréntese dous anos despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e estudoso de temas lingüísticos e filolóxicos na Arxentina. No 1896 propúxolle ao goberno deste país a elaboracion dun texto oficial que solucionase o conflito da docencia e que servira de base para a aprendizaxe de cada materia. A súa idea foi aprobada dous anos máis tarde mediante a convocatoria dun concurso co fin de escoller eses textos básicos de ensino. Formou parte da Xunta Protectora da Academia Galega, fundada no 1906, e defendeu a creación dun idioma universal. Escribiu diversas obras e artigos relacionados con cuestións lingüísticas como: Ortografía, Fonética. Justificación de la usual española (1896) ou Correspondencia sobre cuestiones gramaticales (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de aluminio, magnesio, silício e ferro, de gran condutividade, utilizada na fabricación de cables telefónicos e de alta tensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eséxeta franciscano. Colaborador nas revistas madrileñas Verdad y Vida e El Universo. Da súa produción literaria destacaVida popular de San Francisco e Estudiando a Jesús. EmManuel. Jesucristo Mesías e Hijo de Dios. Su mensaje. Fuentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Dende o ano 1941 foi axudante de Jean Renoir, Charles Chaplin e Joseph Losey. Acadou a sona cos westerns Apache (1954) e Veracruz (1954). En The Big Knife (O gran coitelo, 1955), dura crítica ao mundo de Hollywood, manifesta a súa inclinación polas escenas violentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza hereditaria recesiva e exclusiva do sexo masculino, caracterizada pola aparición, nos primeiros días de vida, dunha púrpura trombocitopénica; no terceiro mes engádese un eccema e finalmente aparece hipogammaglobulinemia. Chámase tamén síndrome de Wiscott-Aldrich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e xornalista norteamericano. Director, entre outras, da revista Atlantic Monthly (Mensual Atlántico, 1881-1890), é lembrado sobre todo pola novela The Story of Bad Boy (O conto do rapaz malo, 1870) e pola colección de narracións costumistas Marjorie Daw and Other People (Marjorie Daw e outra xente, 1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista australiano. As primeiras novelas manifestan unha grande influencia de Hemingway; non obstante, The Diplomat (O diplomático, 1949), a súa novela máis ambiciosa, é unha grande obra política. En The Intouchable Juli (O intocable Juli, 1975), pola contra, a problemática é existencial. Publicou tamén One last Glimpse (1979), The True Story of Lilli Stubek (A verdadeira historia de Lilli Stubek, 1977) e The True Story of Spit Mac Phee (A verdadeira historia de Spit Mac Phee, 1985), coa que obtivo o premio Guardian, e The True Story of Lola Mackellar (A verdadeira historia de Lola Mackellar, 1993).
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astronauta norteamericano. Xunto con Neil Amstrong, e Collins, formou parte do equipo do Apolo-II que pisou por vez primeira a superficie lunar (1969). Previamente participara no último voo do programa Xémini.

    VER O DETALLE DO TERMO