aldraba

aldraba

(<ár aḋ-ḋabbâ ‘o picaporte, o ferrollo’)

  1. s f

    Obxecto composto por dúas pezas de metal que van unidas por un eixe sobre o que xiran, empregado para suxeitar as portas e fiestras ao marco de tal xeito que poidan abrir e pechar.

    Ex: Conseguín colocar ben a aldraba para poder abrir a fiestra con seguridade.

    Sinónimos: gonzo.
  2. s f

    Peza articulada, xeralmente metálica, que vai pendurada na porta principal dunha casa, empregada para petar nela e chamar a xente que hai dentro da casa.

    Ex: Chamei varias veces coa aldraba pero non saía ninguén a abrirme.

    Sinónimos: petador, picaporte.
  3. s f

    Barra de ferro empregada para asegurar as portas e contras das ventás.

    Ex: Axusta ben a aldraba para que non se poida abrir a contraventá.

    Sinónimos: ferrollo, tranca.

Palabras veciñas

aldosterona | aldosteronismo | aldoxima | aldraba | aldrabada | aldrabado -da | aldrabar