aldosterona
aldosterona
s
f
[BIOQ]
Hormona corticosuprarrenal, a máis potente do grupo dos mineralcorticoides, que regula o equilibrio do sodio e do potasio e, polo tanto, indirectamente, o metabolismo da auga e o volume sanguíneo, a través da súa acción no túbulo distal do nefrón, como tamén o metabolismo dos azucres. Secretada pola zona extrema do córtex suprarrenal e transportada, asociada a proteínas no sangue. Metabolízase e conxúgase no fígado.