aldosa
aldosa
s
f
[BIOQ]
Monosacárido con función redutora pseudoaldehídica, é dicir, que existe nunha forma heterocíclica (piránica ou, nas formas inestables, furánica), cun carbono primario semiacetálico, en equilibrio cunha forma aldehídica acíclica. As aldosas, contrariamente ao que ocorre coas cetosas, son oxidadas polo iodo dando ácidos aldónicos, e polo ácido nítrico dando ácidos glicáricos. A aldosa de tres carbonos é o gliceraldehido.