"Labé" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 41.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tella do beiral ou beirado dun tellado.
-
FAMILIAS
Familia de gravadores do s XIX. Camil Alabern i Casas (1825-1876) foi primeiro gravador na Fábrica del Sello en Madrid e fixo os gravados do Atlas Geográfico de España. Ramon Alabern i Casas (Barcelona s XIX) traballou en París con Daguerre. Realizou a primeira fotografía da Península Ibérica (1839), un daguerrotipo de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo o dereito musulmán, constitución de bens en usufruto a beneficio de determinadas persoas ou entidades, especialmente benéficas, mesquitas, hospitais ou para axuda dos pobres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
chaveira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sopa típica da costa mediterránea francesa consistente en peixe cocido, con especias fortes, viño e aceite que se serve en rebandas de pan.
-
GALICIA
Pintor. Estudiou na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (Madrid). Foi mestre da Escola Mestre Mateo e en 1973 ocupou a cátedra de Debuxo da Escuela de Bellas Artes de Barcelona. Na súa obra, dificilmente clasificable, predomina a materia sobre a liña e o debuxo. É colaborador da Revista Galega do Ensino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano. Casou coa filla de Cicerón e colaborou con César na conquista das Galias e na guerra civil contra Pompeio. Nomeado tribuno (47 a C), recibiu o consulado á morte de César. Foi encargado do goberno de Siria, e ao ser derrotado por Gaio Casio, un dos asasinos de César, suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de flabelar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
flabeliforme.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Renovar o aire arredor dunha parte do corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de abano aberto.
-
-
Abano de espolín, de mango longo, símbolo da soberanía. Portada polos escravos na comitiva dos seus señores, foi usado en Mesopotamia e Exipto. Coñecido no mundo grecorromano, introduciuse na celebración litúrxica cristiá como atributo propio do diácono e no séquito do papa. Aínda é un obxecto litúrxico das igrexas de rito oriental.
-
ripidio.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Fundador e catedrático de Arquitectura na Acadèmia de Sant Carles (1768), a súa obra reflicte a transición do Barroco ao neoclasicismo. Das súas obras destacan a remodelación da catedral de València e a finalización da aduana (1758-1760).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico e historiador. Formado en filosofía e teoloxía nos conventos de Sarria e Poio, ingresou en 1906 nos mercedarios. Os seus intereses históricos centráronse no estudo da presenza dos misioneiros en América e Filipinas. Director de La Merced, das súas obras destacan La Merced en Perú (1945), La traida de libros y vestuarios en el siglo XVI de los misioneros, desde sus conventos a Sevilla, pasados por el Tesorero de la Casa de Contratación (1954) e Aviamiento y catálogo de los misioneros que en el siglo XVI pasaron de España a Indias y Filipinas según los libros de Contratación (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Punto do craniométrico saxital situado na posición máis prominente dos arcos supraorbitais.
-
Punto somático saxital situado no lugar máis prominente entre as cellas.
-
-
Lóbulo axial prominente que se atopa no escudo cefálico dos trilobites, onde se xuntan os segmentos que compoñen a cola.
-
-
GALICIA
Escritor. Colaborador de El Progreso e Las riberas del Eo, publicou Cacería de ciclóstomos en Ifni (1991), Pódese pasar? (1991) e Historias intra da bisbarra (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Autodidacta, despois de dúas estadías en Madrid (1931 e 1934) relacionouse con Jorge Guillén, Pablo Neruda e Vicente Aleixandre, que lle facilitaron o acceso ás publicacións Cruz y Raya, Caballo Verde e Revista de Occidente. Durante a Guerra Civil foi comisario de cultura do batallón de El Campesino e colaborou en El Mono Azul, Hora de españa e Nueva Cultura. En poesía escribiu Perito en lunas (1933), El rayo que no cesa (1936), Viento del pueblo (1937), El hombre acecha (1939), Cancionero y romancero de ausencias: 1938-1941 (1958), e en teatro, Quién te ha visto y quién te ve (1934) e Los hijos de la piedra (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da rexión de Labé, Guinea (249.515 h [1996]). É o principal centro islámico de Guinea.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Poetisa francesa. Pertenceu á escola lionesa integrada por Maurice Scève, Olivier de Magny e Pernette du Guillet. A súa obra lírica é unha síntese da literatura amorosa europea, tanto no Débat de folie et d’amour (1556) como nas tres elexías e nos sonetos publicados en 1555. A súa produción, chea de vitalidade renacentista, ten influencias de Petrarca e da tradición francesa.
VER O DETALLE DO TERMO