Labé, Louise

Labé, Louise

Poetisa francesa. Pertenceu á escola lionesa integrada por Maurice Scève, Olivier de Magny e Pernette du Guillet. A súa obra lírica é unha síntese da literatura amorosa europea, tanto no Débat de folie et d’amour (1556) como nas tres elexías e nos sonetos publicados en 1555. A súa produción, chea de vitalidade renacentista, ten influencias de Petrarca e da tradición francesa.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Parcieux

  • Deceso

    Lugar : Lyon