"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

    1. Operación cirúrxica que consiste en extirpar unha parte danada do corpo.

    2. Sublimación do material protector dun dispositivo debido a altas temperaturas. O control da ablación aprovéitase para illar os mecanismos dun foguete da calor desprendida polos gases expulsados, e para revestir os vehículos que teñan que entrar de novo na atmosfera.

    3. Degradación e nivelación dun relevo pola acción do vento.

      1. Perda de xeo sufrida por un glaciar debido a procesos de fusión ou sublimación.

      2. zona de ablación

        Parte terminal dun glaciar no que dominan os procesos de ablación. Alimenta as correntes de auga proglaciares.

    4. Operación cirúrxica que consiste na extirpación do clítoris e, en ocasións, dos beizos da vaxina. É unha práctica tradicional que pervive en moitos países africanos e musulmáns non africanos. Polo xeral, realízase ás costas da sanidade oficial, o que pode provocar numerosas enfermidades derivadas da falta de hixiene, mesmo a morte. Malia a espallada identificación desta práctica co islamismo non semella estar directamente vencellada co Islam nin coas outras relixións monoteístas (xudía e cristiá) da área de expansión xeográfica desta práctica, senón con prácticas sociais anteriores relacionadas co tránsito da nenez á vida adulta. Se ben durante moito tempo a cultura occidental quixo ver na ablación do clítoris unha práctica hixiénica, hoxe adoita interpretarse como un mecanismo social de limitación da muller á función de reprodutora da comunidade, pois a extirpación do clítoris e outras partes da vaxina, non impedindo a reprodución, impide o completo disfrute sexual feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cesamento da secreción láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cesar a secreción láctea nunha muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada o 23 de marzo de 1967 por iniciativa do decano do Colexio de Avogados da Coruña, Manuel Iglesias Corral, e de varios membros da xunta de goberno do mesmo. Entre os primeiros académicos que a formaron cómpre sinalar a Paulino Pedret Casado, Pío Cabanillas Gallas, Carlos Martínez Barbeito, Isidoro Millán Mariño e Antonio Rosón Pérez. Estrutúrase en cinco seccións: Dereito Administrativo, Urbanístico e Agrario; Dereito Civil Mercantil e Canónico; Dereito Fiscal e Laboral; Dereito Penal e Procesal e Dereito Foral Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de extinguir as obrigas consistente nun convenio que se realizaba por medio de preguntas e respostas segundo fórmulas sacramentais. Inexistente nas actuais lexislacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • acetoacético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido incoloro de cheiro desagradable que se escurece en contacto coa luz. Obtense pola reacción de Claisen, condensando o acetato de etilo coa acetona en presenza de sodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera dos complexos metálicos da acetilacetona, que derivan por susbstitución do hidróxeno ácido da forma enólica ou do carbono central. Empréganse, principalmente, como catalizadores e para metalizacións en fase vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acilación na que se fixa o grupo acetilo. Os axentes de acetilación máis importantes son: na célula viva, a acetilcoenzima A; na industria, o cloruro de acetilo e o anhídrido acético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido que se obtén da descarboxilación do ácido diacetilsucínico. Emprégase como disolvente e é un intermediario na fabricación de diversos produtos químicos e farmacéuticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de acidular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substitución do hidróxeno por un grupo acilo RCO- nunha molécula. As reaccións de acilación son moi diversas, porque o que as unifica é o resultado e non o mecanismo da reacción. As substancias acilables poden ser inorgánicas, como a auga, ácido sulfhídrico, amoníaco, hidracina ou orgánicas. Os hidróxenos substituíbles nas substancias orgánicas son, en xeral, os dos hidroxilos dos alcohois, fenois e ácidos carboxílicos, o do grupo tiol, o ligado ao nitróxeno das aminas primarias e secundarias, e o ligado aos carbonos aromáticos. Neste último caso, a acilación é unha reacción de Friedel e Crafts. A acilación da auga dá os ácidos RCOOH; a do ácido sulfhídrico, os S-ácidos tiocarboxílicos RCOSH; a do amoníaco, as amidas RCONHNH2; a dos alcohois e fenois, os ésteres RCOOR’; a dos ácidos carboxílicos, os anhídricos RCO-O-COR’; a dos tioles, os S-ésteres tiocarboxílicos RCOSR’; a das amidas primarias e secundarias, as aminas monosubstituídas RCONHR’ e disubstituídas RCONR’R’’; a dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acumular ou de acumularse.

    2. Proceso de transformación dunha parte da plusvalía en capital, que constitúe a forza motriz do desenvolvemento capitalista. O proceso de acumulación así entendido é un dos eixos da investigación marxista en teoría económica. A competencia entre as empresas no mercado capitalista fai absolutamente preciso o progreso técnico, ou as innovacións como di J. A. Schumpeter. Polo tanto, a técnica do proceso de produción está sometida a constantes transformacións. Esta demanda de innovacións, que constitúe unha verdadeira necesidade social, esixe a acumulación de capitais. A orixe da acumulación radica na produción de plusvalía. Unha parte da plusvalía chega a ser capital adicional, acumulado para ampliar a produción mediante melloras tecnolóxicas. Todo aquilo que contribúe a aumentar a plusvalía favorece a acumulación, pero non toda a plusvalía é acumulada porque aí hai unha parte dedicada ao fondo de consumo persoal. O proceso de acumulación ten toda unha serie de consecuencias: posibilita o aumento...

    3. Fenómeno caracterizado pola persistencia no organismo dos efectos de determinados medicamentos, por mor da súa lenta eliminación. Esta acumulación pode ser tóxica.

    4. Depósito de materiais sedimentosos producidos pola erosión.

    5. Exercicio nun mesmo proceso, por unha ou máis persoas, de diversas accións contra unha ou algunhas persoas. En determinados casos cómpre, para que acumulación sexa admisible, que as accións que son acumuladas deriven dun mesmo título ou sexan fundamentadas na mesma razón.

    6. Reunión de dous ou máis procesos xa incoados que teñen entre eles un vencello xurídico substancial para constituír un só e ser resoltos na mesma sentencia. Xustifícase por motivos de economía procesal e para evitar decisións contraditorias.

    7. Reunión de dous ou máis expedientes administrativos intimamente relacionados para conformar un só e seguir unha única tramitación.

    8. Acumulación do capital, non fundamentada nas relacións de produción capitalistas, é dicir, que non ten a súa orixe na produción de plusvalía -que é un concepto e produto da orde económica capitalista. Marx denominouna primitiva ou orixinaria e Adam Smith previa. A acumulación primitiva é condición necesaria para o desenvolvemento do capitalismo.

    9. Proceso de transformación do excedente económico planificado en fondos de investimento dunha sociedade capitalista. É a diferenza entre o produto social formulado e o volume de consumo elixido.

    10. Punto non illado que pertence á adherencia dun conxunto de puntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nos equinodermos, cada unha das pequenas placas dispostas en ringleira que bordean as placas ambulacrais e teñen espiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de adular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moralidade ou explicación da fábula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta ou diminución da secreción de leite despois do parto.

    2. Enfermidade infectocontaxiosa que afecta especialmente ás vacas, ovellas e cabras, especialmente ás leiteiras, denominada tamén mamite ou mastite. Pode chegar a ser mortal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da Comunitat Valenciana, capital da provincia homónima [274.577 h (1996)]. Situada á beira do Mediterráneo, o seu litoral está ateigado de praias. A súa economía ten un acentuado carácter terciario, como centro administrativo e comercial da provincia e importante núcleo turístico. Malia os vestixios da Idade do Bronce e ibéricos, o núcleo actual é de orixe romana (Lucentum). Ocupada polos musulmáns, formou parte do estado autónomo cristián de Teodomiro. No período final da dominación musulmá foi integrada no Reino de Murcia. Os casteláns tomárona en 1248, ao declararse vasalo o Rei de Murcia. Durante as guerras civís do Reinado de Sancho IV, o infante Fernán de la Cerda fixo doazón de Alacant (1289) a Afonso II de Aragón a cambio de apoio militar, e así en 1304 foi incorporada ao Reino de València. Vila de realengo, na Idade Moderna, mercede ao comercio xerado polo seu porto, Alacant experimentou un proceso de auxe e expansión urbana, mantido incluso durante a crise peninsular do...

    VER O DETALLE DO TERMO