"Lalín" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical que tivo as súas orixes nunha primeira banda fundada no 1940 e disolta no 1963. Despois dun lapso de doce anos, creouse novamente como Banda Cultural de Lalín con músicos da Banda de Veteranos e das Bandas de Mato, A Xesta, Goiás e outras. En xaneiro do 1992 transformouse na Banda Municipal de Lalín, con músicos da Banda Cultural e alumnos do conservatorio, dirixida dende esta data por Marcel Van Bree e con máis de sesenta compoñentes. O seu repertorio abrangue dende obras de Falla, Granados, Rossini ou Groba ata pezas tradicionais galegas. Gañou o II Premio no Certame de Bandas de Galicia na TVG. Destacan as súas actuacións por Arxentina (1983), Venezuela (1985), Burgos, León e Lisboa (1987).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Lalín en 1852 baixo a presidencia de Gumersindo Goyanes. Os seus fins son culturais e recreativos. Organiza conferencias, exposicións, concertos e outras actividades, como bailes sociais. Entre outras instalacións, conta cunha biblioteca, un salón de xogos, unha sala de billar e de xadrez, e un pub xuvenil. Ademais posúe unha escola de xadrez, con equipos federados en distintas categorías. Tamén no eido deportivo, colabora con outros equipos e clubs da vila. Presidido por Julio Benigno López Rodríguez, pertence á Federación Gallega de Círculos y Casinos Culturales.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María das Dores que dá nome ao concello de ES-TRAD;mso-fareast-language: Lalín, onde se atopa á capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Deza, situado na provincia de Pontevedra no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao NL co concello de Agolada, ao NO co de Vila de Cruces, ao O co de Silleda (comarca do Deza), ao SO co de Forcarei (comarca de Tabeirós-Terra de Montes), ao S cos de Beariz e O Irixo (comarca do Carballiño), ao SL co de Dozón e ao L co de Rodeiro (O Deza). Abrangue unha superficie de 326,6 km 2, cunha poboación de 20.867 h (2007), distribuída nas parroquias de Albarellos, Alemparte, Anseán, Anzo, Barcia, Bendoiro, Bermés, Botos, Busto, Cadrón, Camposancos, Cangas, Castro de Cabras, Catasós, O Cello, Cercio, Cristimil, Doade, Donramiro, Donsión, Filgueira, Galegos, Goiás, Gresande, Lalín, Lebozán, Lodeiro, Losón, Maceira, Madriñán, Méixome, Moimenta, Moneixas, Noceda, Palmou, Parada, Prado, Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val do Carrio, A Veiga, Vilanova, Vilatuxe, Xaxán, A Xesta e Zobra. A capital municipal é a vila de Lalín, situada a 42° 39’ de latitude...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Lalín. En orixe foi un mosteiro dúplice fundado en 980 por Arias Peláez, bispo de Mondoñedo. A súa sobriña, a condesa Adosinda Gudesteiz, doouno en 1019. Posteriormente foi un cenobio feminino e despareceu a principios do s XV. A igrexa pertence á tipoloxía do románico rural da segunda metade do s XII cunha soa nave e ábsida rectangular. A ábsida presenta unha ventá románica con chambrana de billetes e beiril con canzorros. Na portada principal destacan as arquivoltas, apoiadas en sinxelas columnas, e o tímpano liso. A porta N ten un tímpano semicircular. A porta S comunicaría coas dependencias monacais, hoxe desaparecidas. Consérvase o campanario románico, rematado cun Agnus Dei.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Lalín ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Lalín.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter comarcal editada en Lalín a partir de 1998. Estaba dirixida por Manuel Núñez Fiúza e integrada no Grupo Líder. Cunha periodicidade mensual, incluíu noticias municipais, deportivas e culturais de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
VER O DETALLE DO TERMO