Banda de Música de Lalín

Banda de Música de Lalín

Agrupación musical que tivo as súas orixes nunha primeira banda fundada no 1940 e disolta no 1963. Despois dun lapso de doce anos, creouse novamente como Banda Cultural de Lalín con músicos da Banda de Veteranos e das Bandas de Mato, A Xesta, Goiás e outras. En xaneiro do 1992 transformouse na Banda Municipal de Lalín, con músicos da Banda Cultural e alumnos do conservatorio, dirixida dende esta data por Marcel Van Bree e con máis de sesenta compoñentes. O seu repertorio abrangue dende obras de Falla, Granados, Rossini ou Groba ata pezas tradicionais galegas. Gañou o II Premio no Certame de Bandas de Galicia na TVG. Destacan as súas actuacións por Arxentina (1983), Venezuela (1985), Burgos, León e Lisboa (1987).