Banda de Música de Valladares
Agrupación musical fundada en 1902 por un grupo de 16 afeccionados, sendo unha das bandas máis antigas de Galicia. A partir de novembro de 1971 está dirixida por José Iglesias Ramilo e ten ao redor de 78 músicos e dende 1976 ensaia no Centro Cultural de Valladares, funcionando este local dende 1983 ata 1994 como unha filial do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e paralelamente está a propia Escola de Música da Banda. Mostra da súa constante actividade foi a creación dos grupos de Cámara Grupo de Metales Ars-Metal e o Grupo de Vento-Madeira Amadeus. Recibiu o I Premio nos Certames de Bandas de Música en Cangas (1985), Vigo (1986) e en Lalín (1991) e na segunda convocatoria do Certame de Bandas de Música Populares (1996), así como o II Premio no Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de València (1997). Dentro da súa discografía destacan as gravacións: Unión Musical de Valladares e Coral Polifónica do CVC de Valladares (1983) e Unión Musical de Valladares (1987, 1991 e 1994).