Banda de Música de Noia
Banda de Música de Noia
A bisbarra de Noia contaba en 1920 con dúas bandas de música, desaparecidas a consecuencia da Guerra Civil española. Foi no 1949 cando se volveu formar unha nova agrupación musical, esta vez baixo a denominación de municipal, que perduraría ata o ano 1962. Nesta nova etapa contou coa dirección de Jesús Pérez Rivas, Lucas Ramírez Muñoz e José Fiuza, respectivamente. Despois de ter ao redor de 44 compoñentes, co paso do tempo a banda reduciuse a un pequeno grupo de músicos que integraron a chamada Charanga do Bralo de Tállara, con só 17 compoñentes.