"Languedoc" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
REXIÓNS
Rexión do SL de Occitania. Limita ao N con Lyon, ao L con Delfinado e Provenza, ao S con Catalunya, ao SO con Foix, ao O con Guyenne e Gascoña, e ao NO con Auvernia, e esténdese desde o macizo de Corbières, ao SO, ata o Ródano, ao L, e desde o Mar Mediterráneo ata o Macizo Central. Climaticamente é un país de transición entre o Mediterráneo e Aquitania (características atlánticas), con predominio de clima mediterráneo. Os ríos principais son o Aude, o Orb, o Hérault, o Vidourle, o Ariège, o Garonne, o Gard (afluente do Ródano) e o Ródano. A poboación habita principalmente na chaira, onde desde o s XVIII predomina o monocultivo da viña, que favoreceu a riqueza pública que se manifestou nun aumento demográfico. Non obstante , sofre un atraso económico en todos os aspectos: a economía das montañas vai desaparecendo e a industria é case inexistente, a pesar do intento de converter, grazas á irrigación da chaira, Languedoc nunha rexión de horta. O turismo é tamén unha fonte de ingresos. O estado...
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia, que engloba os departamentos de Aude, Hérault, Gard, Losera e Pireneos Orientais (27.376 km2; 2.295.648 h [1999]). A capital é Montpellier.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Languedoc, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Languedoc.
-
ariedade do occitano meridional. Partindo del, como forma equidistante das diversas falas occitanas, Loïs Alibèrt tentou fixar o occitano moderno. Comprende diversos dialectos, o meridional (central, tolosano, foixenco, donesanenco, narbonés), o setentrional (roergat, gavaldanés, orlhargués), o occidental (axenés, carcinol, albixés) e o oriental (besierenco, montpelierino, cevenol). Os trazos máis característicos son o mantemento dos grupos latinos ca e ga (cantar, gaug, gal), dos ditongos e tritongos (paire, buou), do -l- intervocálico, tanto se procede de -l- como de -ll- latinos (pala, salar, galina) e do morfema de plural -s (pòrtas, flors).
-