"Lech" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • PERSOEIRO

    Pintor belga. A partir do 1948 integrouse no grupo Cobra. No 1955 viaxou ao Xapón onde se interesou pola caligrafía xaponesa. A partir do 1957 estableceuse en París. A súa obra evoca un ambiente de desintegración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Brabante, Valonia, Bélxica, na ribeira do Zenne (87.920 h [1995]). É un suburbio industrial e residencial dentro da gran Bruxelas. Entre os seus edificios relevantes cómpre salientar a catedral gótica do s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Traballou ao servizo de Xoán Sen Medo, duque de Borgoña e substituíu a Jean Malouel como pintor da corte en 1415. Rematou o retablo inacabado de Malouel identificado como O Martirio de san Denís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fentos da familia das blecnáceas, de rizoma groso e curto, con frondes de ata 70 cm, lanceoladas e pinnadas (as fértiles máis longas e ergueitas). A especie B. spicant está presente sobre solos ácidos en ambientes húmidos e sombrizos de Europa, Islandia, norte de África, Macaronesia (agás Cabo Verde), Asia Menor e o Cáucaso. Na Península Ibérica existen dúas variedades: B. spicant spicant e B. spicant homophyllum, esta última descrita por Merino e endémica do sur de Galicia e norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • círculo lítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Traballou na escaleira do patio no palacio de Granada de Carlos V. En 1626 trasladouse a Santiago de Compostela, onde introduciu o Barroco clasicista, chamado polos monxes de San Martiño Pinario. Na igrexa conventual traballou no cruceiro e erixiu a cúpula, levantada sobre pendentes e dividida en doce nervios. Supliu o tambor por doce ventás que provocan a sensación de que está suspendida no aire e, na parte posterior, levantou un ciborio de forma cadrada con balaustrada e sobre el unha cúpula de media laranxa. A altura do conxunto contrarréstase por medio dun sistema de contrafortes escondidos polo muro do claustro procesional. Na parte conventual realizou o claustro das oficinas, no que empregou pilastras emparelladas de orde toscana, e trazou os planos e iniciou o claustro procesional ou da portería, onde empregou a orde xigante e as columnas dóricas xeminadas erixidas sobre pedestais. Na catedral realizou en 1627 o sepulcro do arcebispo Juan Beltrán de Guevara; situado no...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saco pequeno de coiro.

    2. Estómago dun animal.

    3. Rapaz que come moito e está moi groso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas gabeadoras, da familia das lamiáceas, que se caracterizan por presentar follas pecioladas, flores azuis de cáliz oblongo, corola bilabiada, estames paralelos agrupados en pequenos verticilos axiliares e froito en núcula ovoide. En Galicia está presente a especie G. hederacea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Coñecido como Franck, inicialmente dedicouse á literatura ata que en 1845 decidiu centrarse na fotografía. Nese ano trasladouse a Barcelona e en 1849 abriu un estudo de daguerrotipos especializado en retratos. A partir de 1854 impartiu clases de fotografía e dedicouse á venda de material fotográfico. Asociouse con Wigle en 1855 e dous anos máis tarde regresou a París, onde deu clases na Escola Politécnica. O seu estudo parisino foi un dos máis coñecidos do Segundo Imperio. Neses anos traballou o negativo de papel e, posteriormente, interesouse polo colodión e os papeis leptográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Europa Central, afluente do Danubio (248 km). Nace no lago Vormarin (Austria) e atravesa o Tirol e Baviera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sílice, de fórmula SiO3. É un mineral incoloro e amorfo, non moi abundante, que se forma cando un raio cae en areas de cuarzo puro e as funde. OBS: Tamén se denomina vidro de sílice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto húngaro. Cultivou unha linguaxe formal orixinal, que deu nacemento a unha escola dentro da Sezession húngara, caracterizada pola marcada acentuación dos lenzos, decorados con maiólicas e motivos ornamentais populares e orientais. Realizou o Museo de Artes Aplicadas e o Banco da Caixa de Aforros de Correos en Budapest.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado na Alcarria de Alcalá, ao N do río Tajuña (2.026 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista polaco. Traballou nos estaleiros Lenin de Gdańsk en 1967 como electromecánico. Como membro do comité de folga de Gdańsk converteuse no máximo líder do movemento obreiro do seu país nas folgas do verán de 1980 que deron lugar ao nacemento dos sindicatos libres autoxestionados Solidarność, e foi elixido presidente do seu órgano directivo. Estivo encarcerado en Arlamow (1981-1982). Participou nas conversas que en 1989 contribuíron á disolución do réxime comunista e presidiu a república polaca (1990-1995). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO