Waéęsa, Lech

Waéęsa, Lech

Sindicalista polaco. Traballou nos estaleiros Lenin de Gdańsk en 1967 como electromecánico. Como membro do comité de folga de Gdańsk converteuse no máximo líder do movemento obreiro do seu país nas folgas do verán de 1980 que deron lugar ao nacemento dos sindicatos libres autoxestionados Solidarność, e foi elixido presidente do seu órgano directivo. Estivo encarcerado en Arlamow (1981-1982). Participou nas conversas que en 1989 contribuíron á disolución do réxime comunista e presidiu a república polaca (1990-1995). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1983).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Popowo, Bydgoszcz