"Lestón" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baile dos anos vinte que presumiblemente tivo a súa orixe en Charleston (Carolina do Sur). Aínda que habitualmente se baila en solitario, pódese facer tamén en parella. Os pasos márcanse cos xeonllos e coas puntas dos pés, con esaxerados movementos de brazos e mans. Caracterízase pola súa rapidez e por ter un ritmo sincopado.
-
CIDADES
Cidade do estado de Carolina do Sur, nos EE UU, situada nunha estreita península, na confluencia dos ríos Ashley e Cooper (80.414 h [1991]). O porto é un dos máis importantes da costa atlántica meridional dos EE UU e abarca unha ampla área de influencia (as dúas Carolinas, Georgia, Kentucky, Tennessee e Alabama). Fundada no 1670 polos ingleses co nome de Charles Town, en 1783 recibiu o nome actual. Foi o centro da resistencia dos estados do Sur durante a Guerra de Secesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Virginia do Oeste, nos EE UU, na confluencia dos ríos Kanawha e Elk (56.098 h [1996]). É unha cidade esencialmente industrial (construcións navais, industrias metalúrxicas e químicas). Denominada, en principio, Charles Town (1794), desenvolveuse ao redor do Fort Lee, erguido polo coronel Charles Clendenin (1788). Foi capital do estado a partir do 1870, agás no período 1875-1885.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral formada por un grupo de pais de alumnas do colexio da Compañía de María de Cangas, coa colaboración de José Pena Collazo. Integrante da Federación Coral Galega (FECOGA), fixo a súa presentación en Lugo no ano 1974 co gallo da IV Asemblea de APAs dos colexios da Compañía de María. O seu repertorio abrangue obras do clasicismo, renacemento e música contemporánea, así como pezas populares galegas. Realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Ponferrada, Mérida, Zaragoza, Girona, Barcelona, Avilés, Santillana del Mar, Canarias e Lisboa) e participou no Festival Intercéltico de Lorient e na Temporada XIII Musical, organizada pola Agrupación Musical Toledana. Da súa discografía destaca Homenaxe a Castelao (1986) e Polifonía en Cangas (1988). Entre outros galardóns, obtivo o II Premio Bimilenario de Lugo (1976).
-
PERSOEIRO
Fotógrafo norteamericano. Despois de realizar os seus estudios na Universidade de Nashville, no colexio Delta State de Cleveland e na Universidade de Mississippi, traballou a partir de 1962 como fotógrafo independente en Memphis e Washington. Participou como investigador de vídeo en cor no Massachusetts Institute of Technology (1978-1979). Considerado como un dos fotógrafos cos mellores resultados con fotografía en cor, publicou: William Eggleston’s Guide (1976), prologado por John Szarkowski, Election Eve (1977) e Troubled Waters (1978). Das diversas exposicións sobre a súa obra, cómpre salientar a celebrada no MOMA de Nova York (1976), a titulada Graceland and the South, que tivo lugar no Art Institute de Chicago (1984), e a denominada Recent Color Photos, presentada na galería Amigos da Fotografía de Carmel (1985). En 1990 participou na IV edición da Fotobienal de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Franciscano. Foi misioneiro en Marrocos e colaborou na prensa baixo o pseudónimo de Africano Fernández. Publicou España en África y el peligro judío. Apuntes de un testigo desde 1915 hasta 1918 (1918) e Piadosos ejercicios del Via Crucis (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Laracha baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano. Ordenado sacerdote en 1900, foi mestre de coristas en Canedo (Ponteareas) e gardián no mosteiro de Louro (Muros). Colaborou en varias publicacións e publicou Pláticas familiares sobre la Venerable Orden Tercera (1913), Camino del Cielo o sea Práctica de la oración mental al alcance de todos y Directorio espiritual (1929) e Vocación Religiosa (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariñeiro e sindicalista. De ideoloxía anarcosindicalista, foi un dos fundadores da Unión Pesquera de Gijón, integrada en UGT en 1931, e un dos alicerces da súa posterior integración na CNT. Activo propagandista da Federación Regional de Industria Pesquera nas súas estancias en Galicia, sorprendeulle a Guerra Civil Española en Gijón, onde ocupou o cargo de delegado de Flota Mayor no Comité de Industrias Pesqueras e participou na Agrupación Confederal Galaica en Asturias. Coa caída da fronte do Norte, logrou escapar a València, onde exerceu de secretario da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Detido no Campo de Albatera (Alacant) no remate da contenda, pasou seis anos no penal de San Miguel de los Reyes (València). Liberado a finais de 1945, exiliouse en Tunes e, máis tarde, en Uruguay.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lev Milstein.
-
PERSOEIRO
Relixiosa, filla de Ricardo de Lestonnac e de Xoana Eyquem de Montaigne, e sobriña do humanista Montaigne. Despois dunha curta experiencia no císter de Toulouse, traballou a prol das mulleres. Cun grupo de compañeiras e coa axuda dos xesuítas Xoán de Bordes e Francisco Raymond, fundou a orde da Compañía de María a Nosa Señora en Bordeos, aprobada polo Papa Paulo V en 1607. A súa intención era aplicar á educación das mulleres os postulados que Montaigne defendía para a educación dos homes: a educación do home íntegro, a instrución en todo o que se refire ao espírito e á recta dirección do entendemento e dos costumes. Tamén recibiu a influencia das escolas calvinistas da época e, sobre todo, da Compañía de Xesús, a través do seu sistema pedagóxico, a Ratio Studiorum. A súa festividade celébrase o 15 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO