Eggleston, William

Eggleston, William

Fotógrafo norteamericano. Despois de realizar os seus estudios na Universidade de Nashville, no colexio Delta State de Cleveland e na Universidade de Mississippi, traballou a partir de 1962 como fotógrafo independente en Memphis e Washington. Participou como investigador de vídeo en cor no Massachusetts Institute of Technology (1978-1979). Considerado como un dos fotógrafos cos mellores resultados con fotografía en cor, publicou: William Eggleston’s Guide (1976), prologado por John Szarkowski, Election Eve (1977) e Troubled Waters (1978). Das diversas exposicións sobre a súa obra, cómpre salientar a celebrada no MOMA de Nova York (1976), a titulada Graceland and the South, que tivo lugar no Art Institute de Chicago (1984), e a denominada Recent Color Photos, presentada na galería Amigos da Fotografía de Carmel (1985). En 1990 participou na IV edición da Fotobienal de Vigo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Memphis, Tennessee