"Levi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • Cadea privada de televisión de ámbito estatal que comezou a emitir no ano 1990. Foi unha das tres primeiras emisoras privadas de televisión autorizadas en España. Na súa orixe pertencía ao mesmo grupo que a emisora de radio Antena 3, liderado polo grupo de La Vanguardia e o conde de Godó, e os seus contidos baseábanse nunha primacía da información sobre os outros xéneros televisivos. O fracaso empresarial desta oferta levou a un cambio do accionariado, adquirindo o Grupo Z, de Antonio Asensio, a maioría do capital social. O novo propietario confioulle ao pontevedrés Xosé Manuel Lorenzo a dirección xeral, e este promoveu a viraxe cara a unha programación onde primaba o espectáculo e o entretemento, co que conseguiu mellorar os resultados económicos e de audiencia da empresa. En 1998 Telefónica adquiriu a maioría das accións da cadea. En Galicia, como noutras comunidades autónomas, emitía un programa especial nas mañás dos sábados (Galicia a fondo), dirixido por Bieito Rubido, centrado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación constituída polas canles de televisión españolas co obxectivo de uniformizar os métodos de medición de audiencias do país e garantir a súa fiabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Investigador en arquitectura e en deseño de cidades, formouse na Escola de Arquitectura de Barcelona e, posteriormente, na Universidade de Xenebra. Cun equipo de arquitectos, deseñadores, enxeñeiros, sociólogos e filósofos, creou o Taller d’Arquitectura (Barcelona, 1963), que actualmente conta cun equipo internacional con proxectos construídos en Europa, África, Xapón e EE UU. As súas realizacións e as do seu equipo caracterízanse por unha valoración expresionista dos elementos construtivos e seriais; nos últimos tempos recorre ás linguaxes históricas, especialmente ao Clasicismo. O taller aborda proxectos de deseño urbano, equipamentos culturais, comerciais e deportivos, vivendas e oficinas, arquitectura de interiores e deseño de mobles. Realizou estudios de planificación urbana para Luxemburgo, Bordeos, Boloña, Madrid, Boston, Kobe (Xapón) e Nan Sha (China). No eido das infraestruturas, levou a cabo o novo Aeroporto de Barcelona (1982), o Palacio de Congresos de Madrid (1995)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Litólogo canadense. Foi un dos iniciadores da Litoloxía Experimental. Traballou na Carnegie Institution de Washington onde estudiou a cristalización dos minerais. A súa obra máis importante é The evolution of the igneous rocks (A evolución das rocas ígneas, 1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado na década dos oitenta por Fernández Cid dentro da Universidade de Santiago de Compostela, coa finalidade de formar profesionais de cine e televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento das Ardenas, na Champagne-Ardenas, Francia (57.008 h [1990]). A súa economía é principalmente industrial (metalurxia, confección, esmaltes). Creouse en 1966 pola anexión das cidades veciñas de Charleville, Étion e Mézières, ademais dos núcleos de Montcy, Saint-Pierre e Mohon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade anónima de titularidade pública que xurdiu ao abeiro da Lei de Creación da CRTVG, aprobada polo Parlamento de Galicia o 11 de xullo de 1984. Os seus obxectivos principais son a posta en funcionamento, a xestión e a explotación da Radio Galega e da Televisión de Galicia, co que se pretende potenciar a normalización lingüística do galego, a cohesión do tecido social e xeográfico do país, e a divulgación da cultura e dos trazos identificativos de Galicia. Para isto, conta con tres órganos que dirixen o funcionamento do ente público: o Consello de Administración, o Consello Asesor da Compañía e as súas sociedades, e mais o director xeral. O primeiro destes órganos está composto por doce membros elixidos en cada lexislatura polo Parlamento de Galicia, que se encargan do cumprimento do disposto pola Lei de Creación da Compañía, á parte da aprobación daquelas materias que enmarcan as principais directrices que rexen o funcionamento da Compañía, como son: a programación e os seus contidos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político ruso. Xunto co historiador Pogodin, elaborou as ideas básicas do paneslavismo, defendeu a especificidade da civilización eslava e preconizou a unidade dos pobos eslavos baixo a dirección rusa. Foi autor de Rusia e Europa (1869) e de Oriente, Rusia e eslavismo (1871), no que propuña que Rusia crease unha gran federación eslava baixo a súa dirección, con capital en Constantinopla, capital da Ortodoxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático, eséxeta e poeta hebreo. Introduciu os metros e a temática árabes na poesía profana hebrea. Estableceuse na corte de Córdoba con Ḥ asday Ben Šaprut. Opúxose ás teorías gramaticais de Mena ḥ em ben Ya’qob ibn Saruq.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. En 1914 emigrou a Palestina, onde dirixiu cooperativas agrarias, militou activamente no movemento sionista e foi secretario do Mapai (Partido Unido dos Traballadores) entre 1944 e 1948. Formou parte do goberno de Ben Gurion desde 1951 e, ao dimitir este, foi primeiro ministro (1963-1969) e ministro de Defensa (1963-1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Fundador do movemento obreiro e do partido radical ucraíno, editou a revista Zite i Slovo. Da súa produción destacan Balady i raskazi (1876), Boa constrictor (1877), Veršiny i niziny (1887) e Uvádšije list’ja (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Autor de traballos sobre musicoloxía, o seu pensamento descritivo e melodioso centrouse no home a na obra creadora. Escribiu L’ ironie (1936), Le mal (1947), Philosophie première (1954) e Le pardon (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático ruso. Estudiou e foi profesor na Universidade de Moscova. Con Kolmogorov é considerado un dos fundadores da escola de Moscova relativa á teoría de probabilidades. Estudiou tamén con N. Luzin a teoría de funcións, xeneralizou a integral de Denjoy e estableceu a teoría xeral dos procesos aleatorios estacionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro fillo de Xacob e Lea. Pasou como epónimo da tribo de Leví, consagrada especialmente ao culto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, matemático, astrónomo, filósofo e eséxeta. Foi o pensador máis orixinal do xudaísmo medieval, despois de Maimónides. Escribiu libros de matemáticas, un dos primeiros en facelo sobre trigonometría plana, e tamén sobre astronomía e os cálculos de distancias entre estrelas. Inventou o báculo de Jakob, utilizado para medir ángulos na navegación ata o s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, militar e filósofo. De nome Miguel de Barrios Valle, era de orixe xudía. Destacan as poesías e comedias reunidas en La flor de Apolo (1665) e Coro de las musas (1672), así como Libre albedrío y armonía del cuerpo por disposición del alma (1684).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo italiano. Escribiu numerosos traballos de romanística, como La leggenda di Don Carlos nel teatro spagnuolo del seicento (1913), e especializouse en temas hispánicos. Publicou varias monografías sobre as relacións culturais italo-catalanas recollidas en Motivos hispánicos (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escritor italiano. Vencellouse á tradición pictórica postimpresionista francesa e tivo que exiliarse por antifascista. Escribiu Cristo si è fermato a Ebol (1945), L’orogio (1950) e Il futuro ha un cuore antico (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora italiana. Coñecida como Natalia Ginzburg, foi representante da novela intimista italiana e colaborou nas revistas Solaria e Letteratura e na editorial Einaudi. Da súa produción destacan La strada che va in città, (1942), Tutti i nostri ieri (1952), Le voci della sera (1961), L’inserzione (1968), Mai devi domandarmi (1970), La città e la casa (1984) e a póstuma E’ difficile parlare di sé (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e químico italiano. De orixe xudía, formou parte dun grupo de resistencia antifascista e foi detido e levado ao campo de concentración de Auschwitz-Birkenau, onde sobreviviu realizando traballos de laboratorio. Escribiu Se questo è un uomo (1947), La tregua (1963), Il sistema periodico (1975) e I sommersi e i salvati (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO