"Lipa" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 19.

  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Toledo (754?-800). Educouse na escola monástica e ingresou na vida monacal ao redor do 737. Destacou no estudo da filosofía grecolatina e, como arcebispo de Toledo, defendeu unha tese sobre Cristo vinculada ao adopcionismo, ao tempo que defendeu a Igrexa visigoda das intromisións francas. Contou co apoio de Félix, bispo de Urgell, pero os relixiosos asturianos aproveitaron para abandonar a influencia de Toledo e achegarse aos francos. Sufriu os ataques do Beato de Liébana e as súas ideas foron condenadas como heréticas polo Papa Adrián I nos concilios de Ratisbona (792) e Frankfurt (794).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comer algunha cousa á présa ou con moita ansia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da rexión de Luzón Central, situada ao SO da illa de Luzón, Filipinas (160.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa máis extensa das Illas Eolias, no Mar Tirreno, situada entre as de Vulcano e Salina, ao NL de Sicilia (37 km2). A súa industria baséase na extracción de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illas Eolias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertence aos liparídidos.

    2. Peixe da familia dos liparídidos.

    3. Familia de peixes óseos que se caracterizan por ter o corpo con forma de cágado, deprimido lateralmente e cunha soa aleta dorsal e as aletas pélvicas unidas formando unha ventosa. Son peixes de auga fría. En Galicia a especie máis común é Liparis montagui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • liparídido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lipáridos.

    2. Insecto lepidóptero da familia dos lipáridos.

    3. Familia de lepidópteros noctúidos, de tamaño medio. O macho ten coloración castaña, con antenas pectinadas, e a femia é branca cinsenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos liparídidos, ao que pertence a especie L. montagui, peixe con forma de cágado, comprimido lateralmente, duns 10 cm de lonxitude, que presenta unha soa aleta dorsal e pel lisa sen escamas. É de cor parda en ocasións con algunhas manchas mouras. Aliméntase principalmente de crustáceos. En Galicia atópase nos fondos litorais de algas e rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima do grupo das esterases que hidroliza enlaces éster das graxas neutras. A lipase do suco pancreático é responsable da dixestión das graxas neutras da dieta no duodeno. A lipoproteína lipase libera os triglicéridos das lipoproteínas para que poidan ser almacenadas. Hai outras lipases que liberan ácidos graxos de reserva que serven de fonte de enerxía para o organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Andhra Pradesh, India (159.007 h [1991]). Está situada no delta de Krishna, na costa de Chō Palatino; ḷ aman Palatino; ḋ ala. Destaca a produción de tecidos de algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Machilīpatnam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non pariu nunca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado físico dunha persoa que padece, de forma simultánea, varias enfermidades sen relación entre si.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á polipatía.

    2. Que ou quen padece polipatía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de México (79.384 km2; 2.753.222 h [2000]). Limita ao N con EE UU, ao L co golfo de México, ao S cos estados de Veracruz e San Luis de Potosí, e ao O de novo con San Luis de Potosí e con Nuevo León. A súa capital é Ciudad Victoria. Composta por unha inmensa chaira inclinada suavemente cara ao L, está interrompida por algúns montes de tipo volcánico. A súa principal fonte de riqueza é o petróleo e os seus derivados. Posúe minas de cobre, chumbo, ouro e prata. Conquistado por Gonzalo de Sandoval (1522), o territorio formou parte da provincia de Pánuco, primeiro, e de Nueva Santander desde 1748. Converteuse en estado en 1824 e trasladou a capital a Ciudad Victoria. Tomou parte activa durante a revolución a favor dos agraristas no campo e dos constitucionalistas nas cidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pantalla acampanada cunha forma semellante á dun tulipán, que teñen algunhas lámpadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea bulbosa, que pertence ao xénero Tulipa, da familia das liliáceas, de 20 a 60 cm de altura, coas follas amplamente ovais. Ten unha única flor, grande, con seis pétalos e de cores variadas, sostida por un escapo, e froito capsular. É moi apreciada en xardinaría polas súas flores.

    2. Flor desta planta.

    VER O DETALLE DO TERMO