"Lituania" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Príncipe de Lituania (1316-1341). Fundou un principado lituanorruso e estendeu os seus dominios á República de Pskov, Podlaquia, Polesia, Kiev e Volinia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa Setentrional que limita con Letonia ao N, con Bielorrusia ao L e ao S, con Polonia ao S e con Rusia e o Mar Báltico ao O (65.300 km2; 3.494.000 h [estim 2001]). A capital é Vilnius.
    Xeografía

    O relevo é chan, con pequenas elevacións ao L e O, típicas do glaciar. O dominio climático é de transición, de marítimo a continental. Os solos son de podzol e case un 6% é pantanoso. O río máis importante é o Nemunas, cos seus afluentes, Neris, Nevėžis, Dubysa, Merkys, Minija e Šešupe. Ten uns 3.000 lagos, case todos de orixe glaciario. A base da súa economía é a agricultura, onde destacan os cultivos da cebada, trigo, patacas e hortalizas. Tamén destaca a cría de gando bovino e porcino. Ten numerosos xacementos de turba e en 1968 descubríronse xacementos de petróleo e gas natural. Teñen grande importancia as augas minerais e termais. As ramas principais da industria son a construción de maquinaria, a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Lituania (1392-1430). Loitou contra os moscovitas e contra os tártaros. Xunto cos polacos, derrotou os cabaleiros teutónicos na Batalla de Grünwald-Tannenberg (1410) e ocupou Samoxitia.

    VER O DETALLE DO TERMO