"Lois" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • PERSOEIRO

    Político austríaco. Conde de Liexa von Aehrenthal. Ministro de Asuntos Exteriores (1906-1912), levou a termo a anexión de Bosnia e Hercegovina (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Científico, profesor e investigador. Cursou estudios de Ciencias Físicas e de Enxeñería Técnica Forestal. É investigador científico no Instituto Nacional de Investigacións Agrarias, especialista en Fitoclimatoloxía e profesor de Silvicultura na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal. Entre outros cargos, desempeñou o de secretario xeral da Sociedade Española para o estudo dos pastos, secretario da European Grassland Federation, subcoordinador nacional do programa de investigación de pastos e profesor de repoboacións na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal. Recibiu varios premios en recoñecemento do seu labor investigador: a Cruz do Mérito Agrícola, o Premio de Publicacións INIA e o Certificate of Apreciation Foreing Research and Technical Programs dos EE UU. Formulou tres difundidos modelos de análise fitoclimático, considerados referentes indispensables, e un método de diagnose, avaliación e prescrición ecoculturais, ademais do estudo monográfico dunhas oitenta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras. Desenvolveu a súa actividade como canteiro e director de obras en terras leonesas. Coñécese a súa intervención na construción do claustro do Convento de la Santa Espina de León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Neurólogo e anatomopatólogo, é autor de importantes estudios sobre as lesións regresivas do cerebro. Deulle nome a unha forma específica de demencia presenil, a enfermidade de Alzheimer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta occitano do Renacemento. É autor das obras: Òbras e rimas provençalas, Dondon infernau e Passa-temps. Nunha lingua rica, irónica e mesmo obscena, canta nos seus sonetos a alegría de vivir en Provenza e a nostalxia do exilio. Escribiu na prisión de Moulins 159 sonetos coas características da lírica provenzal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político occitano. Foi administrador en París da Fundación Ramón Llull e da Revista de Catalunya. Membro activo da Resistencia, a Gestapo arrestouno en xaneiro de 1944 e enviouno a Dachau. Acabada a guerra, foi un dos principais artífices da lei Deixonne para o ensino doutras linguas distintas á francesa, entre elas a catalana. Presidiu a comisión organizadora dos Xogos Florais de 1948 en París. Foi membro da Asemblea da Unión Francesa (1952) e delegado da UNESCO. É autor de Bibliographie gasconne du Bordelais (Bibliografía gascona de Bordelais, 1942) e Bibliographie occitane 1919-1942 (Bibliografía occitana 1919-1942, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Loire Cher, en Orleans, Francia, situada á beira do río Loire (49.318 h [1990]). É un núcleo industrial e turístico da ruta dos castelos do Loire. Entre os seus monumentos destacan o castelo, construído en diversas etapas, a igrexa gótica de Saint-Louis (s XVI, reconstruída no s XVII), a ponte sobre o Loire (1717-1724) e a basílica de Nôtre Dame da Trinité, construción moderna (1949), obra de Paul Rouviére. Blois corresponde á antiga Blaesum, nomeada por primeira vez por Gregorio de Tours no s VI. En Blois tiveron lugar os estados xerais do 1576 e do 1588. A revogación do Edito de Nantes (1685) repercutiu na vida económica da cidade pois moitos dos seus comerciantes e homes de negocios eran protestantes. En 1814, a Emperatriz María Luísa, convertida en rexente, trasladou alí o goberno. Foi ocupada polos alemáns durante a guerra franco-prusiana do 1870. Conserva o castelo que foi construído polos condes de Chantillon (s XIII) e polos duques de Orleans...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de catro tratados asinados en Blois entre o 1504 e o 1512 nos que se adoptaron un conxunto de acordos diplomáticos tendentes e establecer un statu quo político en Italia e que afectaron a España. Polo primeiro tratado de Blois (22.9.1504), que non tivo efecto, Luís XII de Francia, o arquiduque Maximiliano de Austria e o seu fillo Filipe o Fermoso acordaban o matrimonio do futuro Emperador Carlos V con Claudia, filla de Luís XII, e comprometíanse a non negociar por separado o pacto sobre Nápoles con Fernando o Católico. Maximiliano cedía a Francia o Ducado de Milán. Afirmábase que o Reino de Nápoles, en poder de Fernando o Católico, heredaríano Carlos e Claudia. Polo segundo tratado de Blois (12.10.1505), Luís XII de Francia e Fernando o Católico acordaban o matrimonio de Fernando II con Xermana de Foix, sobriña de Luís XII. O Rei de Francia cedía á futura muller e aos fillos deste matrimonio o Reino de Xerusalén e os seus...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que leva como armas un escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de azul, cunha cruz plana de ouro (ou de prata); segundo cuartel, en campo de ouro, cunha torre de pedra; terceiro cuartel, en campo de prata, cun león rampante ao natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou sobre todo o ensaio e escribiu sobre mitoloxía, antropoloxía e crítica, tanto literaria como artística. Das súas obras destacan Le mythe et l’homme (O mito e o home, 1938), Méduse et compagnie (Medusa e compañía, 1960) e Au coeur du fantastisque (No corazón do fantástico, 1965), entre outras. En 1971 ingresou na Académie Française.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Exerceu en París e está considerado como un dos mellores intérpretes e compositores da escola francesa de viola de gamba. Na súa produción partiu da tradición francesa para achegarse, posteriormente, ás formas italianas. As súas pezas musicais para viola publicáronse en distintos volumes entre os anos 1719 e 1751.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos I de Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Etnógrafo e escritor. Realizou estudios de maxisterio en Madrid e, posteriormente, dedicouse a tarefas administrativas. No eido ensaístico publicou artigos sobre a historia de Galicia como “As relazóns protohistóricas entre Irlanda e Galiza” e “Unha representazón do deus innominado pre-román”, amais de obras sobre literatura e tradición popular en Galicia como Manuel Curros Enríquez. A súa vida e a súa obra (1953), Romanceiro popular galego de tradizón oral (1959) e Contos populares da Galiza. Na súa produción novelística destacan as pezas curtas O consentimento (1926) e Alevamento (1928), escritas baixo o pseudónimo de Luís G. Vicencio. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da sociedade alemá Marchen der Europaischen Volker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi un dos primeiros recompiladores da literatura galega do Rexurdimento e investigador do folclore galego. Elaborou dous cancioneiros, un en 1869 e outro en 1884, onde se recolleron numerosas cantigas que foron publicadas en 1992 por Domingo Blanco en A poesía popular en Galicia. No Museo de Pontevedra está a súa obra “Colección de poesías gallegas de diversos autores, por José Casal y Lois de 1865-1866”, aínda inédita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciouse en Xornalismo na Universidad Complutense de Madrid e doutorouse en Socioloxía e Ciencia Política na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor asociado da facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa actividade profesional en A Nosa Terra; posteriormente foi director do semanario Tempo Galego, e a partir de 1999, do diario dixital USC, voceiro da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador de Diario 16, La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego e O Correo Galego, entre outras publicacións periódicas. Foi, entre 1986 e 1988, xefe do gabinete de comunicación da consellería de Educación e Cultura e, entre 1991 e 1996, xefe do gabinete do conselleiro de Relacións Institucionais e, despois, de Cultura. Publicou, entre outras obras, El Escolar, El Faro de Veiga e La Voz de Ortigueira (1989) e Elías Valiña (1996), e colaborou nos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Doutor en Belas Artes, estudiou na Escola de Belles Arts de Sant Carles de València e na facultade de Belas Artes de Pontevedra. Dende 1987 exerceu como profesor de debuxo de ensino medio. A súa obra caracterízase pola utilización de soportes materiais, como a fotografía, a colaxe e o gravado. A súa proposta conceptual recorre á iconografía de obxectos cotiáns tratados cun colorido sobrio sobre fondos neutros. Se ben predominan os aspectos plásticos, as súas obras amosan unha preocupación social e política. Realizou escenografías teatrais e ilustracións de libros, entre eles Práctica teatral na escola (1992). Acadou o I Premio Arte Xove Galega (Vigo, 1988) e foi finalista no Certame Eixo Atlántico (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Musicólogo e folclorista. Foi crego e exerceu como capelán da condesa de Torre Penela (Carballo), posteriormente de Santa Ana de Orto (Abegondo) e en 1931 foi párroco de Cesullas-Cabana. En colaboración co mestre Anta recompilou numerosas cantigas populares, cantos de arrieiro, foliadas ou cantos de pandeiro. A Real Academia Galega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario concedeulle o Premio Marcial del Adalid ao mérito folclórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Linda Darnell, comezou traballando en compañías de teatro afeccionado e facendo publicidade. Descubriuna para o cine un produtor da 20th Century Fox e debutou en 1939 na película Hotel for Women (Hotel para mulleres). Convertida, deste xeito, nunha das principais actrices destes estudios, protagonizou títulos como The Mark of Zorro (O signo do Zorro, 1940), It Happened Tomorrow (Sucedeu mañá, 1944), Fallen Angel (Anxo ou demo?, 1945), My Darling Clementine (Paixón dos fortes, 1946), A Letter to Three Wifes (Carta a tres esposas, 1949) ou The Thirteenth Latter (Cartas envelenadas, 1951). A principios dos anos cincuenta deixou a 20th Century Fox e realizou algúns filmes para outros estudios, incluídos algúns italianos como Gli ultimi cinque minuti (Os derradeiros cinco minutos, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Enxeñeiro técnico topográfico, fundou e foi secretario e voceiro da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG). Foi candidato do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) ao Parlamento español nas eleccións de 1977 e 1979, e deputado no primeiro Parlamento de Galicia polo Bloque Nacionalista Galego (BNG). Membro do consello directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), colaborador das revistas A Nosa Terra, Irmandade, Atenea, Mocidade ou Tempos Novos e de diversos medios de comunicación, a súa obra literaria caracterízase pola carga de denuncia social e política. Publicou os poemarios Albre de espranza (1966), Canciós pra un agromar branco e azul (1968), que se incorporou en parte ao repertorio do grupo Voces Ceibes, O ferro dos días (1982); as novelas A torre de Babel (1968), Galou Z-28 (Premio da Casa de Galicia de Bilbao, 1975), A canción do vagamundo (Premio Blanco Amor, 1986) e Henriqueta na galería (1997); os libros de relatos O tempo sen saída (1972),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do francés Eloi, derivado do latín medieval Eligius. A forma feminina posiblemente proceda do antigo alemán Helewidis, composto de haila ‘san, forte, robusto’ e vid ‘ancho, amplo, extenso’. Tamén hai quen pensa que vén das palabras xermánicas hold ‘glorioso’ e wild ‘combatente’. Presenta a variante gráfica Heloísa. O nome feminino popularizouse coa tráxica historia de amor vivida entre Eloísa (1101-1164) e o teólogo e filósofo bretón Pedro Abelardo. Fulberto metéraa no mosteiro de Argenteuil, poñéndolle de preceptor a Abelardo, pero nace unha gran paixón entre o mestre e a discípula; daquela, Eloísa marcha a Bretaña, onde dá a luz un neno, que recibiría o nome de Heliogábalo. Cando, finalmente, Eloísa casa en segredo con Abelardo, Fulberto, en vinganza, manda castralo. Malia todos os padecementos, os amantes manterían viva a súa paixón na distancia a través das cartas que se enviaban desde os respectivos...

    VER O DETALLE DO TERMO