Celeiro Álvarez, Lois
Xornalista. Licenciouse en Xornalismo na Universidad Complutense de Madrid e doutorouse en Socioloxía e Ciencia Política na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor asociado da facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa actividade profesional en A Nosa Terra; posteriormente foi director do semanario Tempo Galego, e a partir de 1999, do diario dixital USC, voceiro da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador de Diario 16, La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego e O Correo Galego, entre outras publicacións periódicas. Foi, entre 1986 e 1988, xefe do gabinete de comunicación da consellería de Educación e Cultura e, entre 1991 e 1996, xefe do gabinete do conselleiro de Relacións Institucionais e, despois, de Cultura. Publicou, entre outras obras, El Escolar, El Faro de Veiga e La Voz de Ortigueira (1989) e Elías Valiña (1996), e colaborou nos libros Apuntes sobre a prensa comarcal en Galicia (1990), Estratexias dos medios locais galegos na fin de século (1999) e Realidade social galega (2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Samos