"Lot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 289.

  • Compañía rusa de transportes aéreos fundada no ano 1923. Agrupa todas as actividades de aviación civil do país e enlaza coas grandes capitais do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para depurar augas negras mediante a inxección dunha corrente de aire na súa superficie; as burbullas formadas incorporan a sucidade que flota e pódese separar o conxunto escumando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Granada (Andalucía) na Vega de Granada (10.184 h [1991]). Drenado polo río Cubillas, a súa economía baséase nos cultivos mediterráneos (cereal, oliveira e vide) e nas canteiras areentas e os xacementos de xeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso do alcohol con fins terapéuticos. Actualmente só se utiliza dentro dun conxunto de medidas incluídas no tratamento da intoxicación por alcohol metílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frecuencia alélica (composición xenética) dunha poboación. Os cambios no alelotipo poden xurdir por mutación, selección, derivación xenética ou procesos de migración en caso de illamento completo de poboacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da célula ou do organismo que presenta alotetraploidia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tetraploidia constituída por dotacións cromosómicas que corresponden a especies diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de diferencias antixénicas, determinadas xeneticamente, que existen entre as proteínas séricas dunha mesma especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da proteína sérica que presenta alotipia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína sérica que manifesta alotipia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos minerais que, aínda formando parte dunha rocha, se formaron antes e fóra dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transplante entre dous individuos da mesma especie, pero de dotación xenética diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘estraño, anormal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inxestión psicopatolóxica de materias non comestibles como terra, substancias fecais e outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos minerais que non teñen a forma externa que lles corresponde a causa da falta de espazo durante a súa formación; sen embargo, teñen a estrutura interna cristalina correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno olfactivo que consiste no feito de que se sente un olor diferente do que é propio da substancia ulida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do ser vivente que necesita substancias sintetizadas por outros organismos co fin de poder alimentarse, como os vexetais sen clorofila e os animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de alótropo.

    2. Existencia de certos elementos en dúas o máis formas, denominadas alótropos que, no mesmo estado físico, difiren polas súas propiedades físicas e, en xeral, por algunhas das súas propiedades químicas. O paso dun alótropo a outro non sempre é posible directamente. O termo alotropía foi introducido por Berzelius para os elementos e, cando se fala de compostos, son preferibles outras expresións (polimorfismo, polimerización, etc). A alotropía en estado sólido é un fenómeno de estrutura orixinado pola diferente disposición dos átomos no cristal. En estado líquido e, sobre todo, gasoso, está motivada pola existencia de especies de diferente atomicidade, e as propiedades químicas poden diferir nese caso notablemente. Os alótropos dun mesmo elemento desígnanse habitualmente de maneiras moi diversas. A IUPAC recomenda, para os nomes sistemáticos, indicar as diferencias de atomicidade con prefixos numerais, precedidos eventualmente dos prefixos ciclo- ou catena- se cómpre...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á alotropía.

    2. personalidade alotrópica

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formas diverxentes que proceden dun mesmo étimo. Así, por exemplo, clave e chave son dous alótropos do termo latino clave; o primeiro é un cultismo que conserva a forma orixinaria, mentres que o segundo é unha voz patrimonial que sufriu a evolución fonética propia do galego como é, neste caso, a palatalización do grupo consonántico inicial cl- en ch-.

    2. Cada unha das formas alotrópicas dun elemento.

    VER O DETALLE DO TERMO