alótropo

alótropo

(

  1. s m [LING]

    Formas diverxentes que proceden dun mesmo étimo. Así, por exemplo, clave e chave son dous alótropos do termo latino clave; o primeiro é un cultismo que conserva a forma orixinaria, mentres que o segundo é unha voz patrimonial que sufriu a evolución fonética propia do galego como é, neste caso, a palatalización do grupo consonántico inicial cl- en ch-.

    Sinónimos: dobrete.
  2. s m [QUÍM]

    Cada unha das formas alotrópicas dun elemento.

Palabras veciñas

alótrofo -fa | alotropía | alotrópico -ca | alótropo | Alouatta | aloucado -da | Alouette