Alouatta

Alouatta
[ANIMAL]

Único xénero de primates platirrinos da subfamilia dos aluatinos, de cor castaña ou dourada, duns 1,30 m de altura e cola longa e prénsil, que viven nos bosques do Sur de América. É diurno e arborícola, a súa dieta é insectívora e fruxívora. Teñen a larinxe hipertrofiada, semellante a unha caixa de resonancia con potente aparello vocal, que lles permite emitir berros moi fortes. A especie máis característica é A. caraya.

Palabras veciñas

alotropía | alotrópico -ca | alótropo | Alouatta | aloucado -da | Alouette | aloulado -da