"Luaces" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • GALICIA

    Debuxante, pintor e gravador. Afeccionado ao debuxo dende moi novo, aproveitou as súas calidades para traballar na fábrica de louza de Sargadelos. En 1877 instalouse en Gijón onde traballou como pintor e decorador nunha fábrica de louza. Alí ampliou a súa aprendizaxe co escultor Xosé María López Rodríguez e co pintor Nemesio Martínez. Exerceu como profesor de debuxo na Escola de Belas Artes da Coruña ata 1886, ano no que tivo que emigrar a Arxentina polas súas ideas republicanas. En Bos Aires traballou nas revistas El Sudamericano e Don Quijote e fundou as publicacións El Eco de Galicia, El Cid Campeador e La Bomba e dirixiu tamén Caras y Caretas, e colaborou en La Nación e na Revista Popular. Foi, amais, un activo defensor da lingua e da cultura galega, presidente do Comité organizador do Segundo Centro Galego en Bos Aires e director e organizador do Orfeón Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Estudiou humanidades no seminario diocesano da súa vila natal e fixo carreira militar na que acadou o grao de capitán do VIIº Rexemento de Navarra na Terceira Guerra Carlista. En 1872 sufriu cadea no castelo de Santo Antón da Coruña e, posteriormente, exiliouse a Francia e Cuba, onde formou parte do consello de redacción da revista Follas Novas, na que inseriu colaboracións en castelán centradas en temas sociais e políticos e en figuras sobranceiras da historia de Galicia. Nesa mesma publicación deu a coñecer a novela A Besta! asinada co pseudónimo Xan de Masma. A obra publicouse por entregas entre o 29 de xaneiro e o 24 de decembro de 1899, a primeira parte, e entre o 7 de xaneiro de 1900 e o 30 de decembro dese mesmo ano, a segunda. Consta de catro partes: dúas pseudoensaísticas, o prólogo e o epílogo, nas que teoriza sobre o naturalismo incorporando postulados de Émile Zola e seus propios sobre o tema; e dúas propiamente narrativas, a primeira composta por catorce...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador e guionista cinematográfico. Tras estudar dirección na Escuela Oficial de Cinematografía de Madrid, iniciouse no Cine Club Amateur da Coruña da man de José Ernesto Díaz-Noriega. Nesta etapa dirixiu as películas en formato afeccionado El mirón (1971) e El perro blanco (1972). Posteriormente, entrou a formar parte do grupo Enroba, creado por Enrique Rodríguez Baixeras, co que colaborou en distintos proxectos, e para o que escribiu o guión de A morte do mariscal (1973), en formato Super8, e O documento (1974). En 1975 dirixiu A Tola, curtametraxe en 16 mm basada nun relato de Francisco Taxes, con quen escribiu o guión. Unha vez disolto o grupo, realizou unha serie de proxectos en formato profesional. En 1976 escribiu o guión de dúas películas: Fendetestas (Antonio F. Simón) e O herdeiro, que tamén dirixiu. En 1977 dirixiu Os cigarróns (Viejas costumbres gallegas) e A rapa das bestas. En 1990 realizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Emigrou a Bos Aires en 1929. A partir de 1952 comezou a facer documentais en Galicia para logo ser amosados nos cines de Bos Aires, como Galicia al día (1959), coa voz do actor galego Tacholas, e De Irún a Tui (1960), ambos os dous rodados en 16 mm. A súa película máis coñecida é Alma Galega (1966), rodada en 35 mm. É autor da obra inacabada El emigrante (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo que comprende parte dos concellos de Baleira, Meira, Pol e Ribeira de Piquín. Está composto por catorce parroquias matrices.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega que se asentou na provincia de Lugo. Presenta a variante Loaces.

    2. Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha estrela de ouro de oito raios, en abismo, superada dun crecente de prata ranversado, acompañado doutras catro estrelas de ouro colocadas unha en cada cantón do escudo. Entre outras variantes destacan: en campo de azul, un crecente ranversado, de prata, acompañado de catro estrelas do mesmo, de oito raios, colocadas unha en cada cantón do escudo; en campo de azul, un crecente de prata ranversado e bordo de ouro cargado de oito aspas, de goles; en campo de azul, unha estrela de ouro, de oito raios, en abismo, superada dun crecente de prata, ranversado acompañado de seis estelas de ouro, de oito raios, colocadas en aspa. Outra variante leva escudo cuarteado: primeiro cuartel, en campo de azul, cunha torre de prata con cachotería de sable; segundo e terceiro cuarteis, en campo de ouro, con cinco flores de lis de azul, postas en aspa e bordo de goles con oito vieiras de prata; cuarto cuartel, en campo de prata, con tres faixas de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Iniciouse en diversos espectáculos coa Escola Dramática Galega. Co CDG participou en diversas obras, como Agasallo de sombras (1984), Caderno de bitácora (1985), Espectros (1988), As alegres casadas (1989) e Valle-Inclán 98 (1998). Tamén realizou traballos con Teatro do Aquí, Teatro do Noroeste e Teatro da Salamántiga. Colaborou como axudante de dirección no espectáculo Os vellos non deben de namorarse, realizado polo CDG, e dirixiu varios traballos coas compañías Alba Teatro e Teatro do Noroeste. Traballou en cine e televisión, como a serie A familia Pita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Coñecido como Antón Luaces, colaborou en El Correo Gallego, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e Atlántico Diario. Membro da xunta directiva do Colexio de Xornalistas de Galicia, dirixiu o programa radiofónico Españoles en la Mar, de Radio Exterior de España. Relator e presentador de diversos espacios radiofónicos dedicados á emigración galega, foi director de RNE en Galicia. Recibiu a Vieira de Prata ao programa de maior audiencia en España e o Premio Galicia de Comunicación (1995), ademais de numerosos recoñecementos de asociacións e institucións de emigrantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico.   Publicou diversos artigos en revistas nacionais e internacionais e o libro de xénero didáctico Química General. Programa, cuestiones y prácticas de laboratorio en química general.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador de arte. Profesor en diversas universidades. Das súas obras destacan Arte y Arquitectura en España 500-1250 (1979), Arte Medieval (1980), El Pórtico de la Gloria (1984), Formas Artísticas de lo imaginario (1987) e Beato de Liébana: manuscritos iluminados (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO