"Lucrecia" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Nobre napolitana, amante de Afonso o Magnánimo, quen a coñeceu no ano 1444. Afagada por diversas personalidades humanistas foi musa de varios poemas. Cando morreu Afonso, adheriuse aos nobres contrarios ao Rei Fernando, fillo daquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lucrecia Borja González de Riancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano, coñecida como Lucrecia Bori. Formouse en València e Roma. Debutou,   tamén en Roma, en 1908 coa ópera Carmen, e catro anos máis tarde no Metropolitan Opera House de Nova York con Manon Lescaut. Co tempo converteuse en primeira figura desta institución americana e dende 1936 pertenceu ao seu consello directivo. Tamén interpretou Der Rosenkavalier, co mesmo R. Strauss, en Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Modena, Ferrara e Reggio. Filla do cardeal Rodrigo de Borja, despois Papa Alexandre VI, e de dona Vannozza Cattanei. Ao converterse en Pontífice, o seu pai pensou en utilizar a Lucrecia como instrumento da política vaticana e, na necesidade de reforzar a súa alianza coa familia Sforza, fixo que casara (1493) con Giovanni Sforza, señor de Pesaro. Posteriormente, volveu casar en dúas ocasións. Durante a súa vida na corte de Roma, conseguiu unha vida social sen precedentes: administraba o estado do Vaticano en ausencia do Papa (1500). O seu nome apareceu sempre ligado a episodios sinistros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dama romana, muller de Lucio Tarquinio Colatino, parente de Tarquinio o Soberbio. Un fillo deste, Sexto Tarquinio, sobriño do derradeiro rei de Roma, vioulouna. Aldraxada, contoulle o sucedido ao seu home, e despois suicidouse cun puñal. A reacción de Xuño Bruto e do seu esposo incitou ao pobo á rebelión contra os Tarquinios. Convertida en exemplo da fidelidade, a figura de Lucrecia inspirou a artistas, literatos e músicos. O episodio deu pé a unha revolta popular que determinou a caída da monarquía romana e o inicio da era republicana (509 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s IV?) Mártir. A súa existencia é dubidosa. Algúns historiadores falan do seu martirio con Diocleciano. A súa festividade celébrase o 23 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do xentilicio romano Lucretia, que tamén se usaba en masculino Lucretius, de orixe etrusca e significado incerto. Relaciónase con Luceres, unha das tribos primitivas que formou o estado romano, ou co nome propio etrusco Laucri. Entre os personaxes históricos que levaron este nome cómpre salientar a Lucrecia, Lucrecia Borja (1480-1519) e a mártir santa Lucrecia de Mérida. A súa festividade celébrase o 23 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO