"Lucus" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Revista publicada en Lugo a partir de xaneiro de 1958, editada pola Deputación de Lugo, que apareceu baixo distintos subtítulos. Dirixida por Xosé Trapero Pardo, Constantino Sieira Bustelo e, a partir de outubro de 1983, por Xoán Carlos Fernández Pulpeiro, a publicación pasou por dúas etapas. Ata febreiro de 1982 foi unha revista afecta ao Réxime que informaba de todo o relacionado coa Deputación. A partir de 1982 transformouse nunha publicación aberta e desenfadada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade fundada entre o 14 a C e o 13 a C por Paulo Fabio Máximo, legado do Emperador Augusto. Estableceuse, segundo algúns autores, sobre un campamento militar romano instalado posiblemente na época de Augusto, ao redor de 25 a C. Outra hipótese explicativa suxire unha fundación vinculada á decisión imperial, que se fundamentou na existencia dun santuario rural dunha divindade indíxena. Posteriormente este compoñente relixioso foi romanizado e a cidade adquiriu especial relevancia pola súa vinculación ao culto ao emperador. A súa estratéxica posición permitiu que o Imperio Romano consolidase a súa conquista do NO peninsular. O proxecto inicial da cidade, que establecía a súa superficie total en 64 Ha, non se desenvolveu totalmente entre os ss I e III, e só se edificou unha superficie de 46 Ha. Entre as causas deste crecemento limitado destacan o seu carácter de centro agropecuario, comercial e administrativo, feito que limitaba as necesidades habitacionais a un pequeno grupo integrado polas...

    VER O DETALLE DO TERMO