"Lyon" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • PERSOEIRO

    Matemático e economista inglés. Fundador da Econometric Society, fomentou o uso das técnicas de mostraxe na estatística aplicada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Corneille da Haia (A Haia 1500? - Lyon 1575?) Pintor holandés. Instalouse en Lyon, e foi pintor da corte de Enrique II e Catarina de Medici. Nas súas obras, as personaxes aparecen retratadas en tres cuartos. Os fondos, claros, e os vestidos, escuros, destacan sobre fondos verdes e azuis. O seu estilo ten puntos de conexión con Clouet pola precisión dos debuxos, a fina execución e a delicadeza das cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Durante a súa estancia en Europa (1887-1937), relacionouse coa Section d’Or (1912), expuxo con Der Blaue Reiter (1913) e foi profesor da Bauhaus (1919-1931). Fundou con A. von Jawlensky, Kandisky e P. Klee o grupo Die Blaue Vier (Os catro azuis) en 1924. Cultivou un cubismo fantástico e arquitectónico cunha riqueza de cor que influíu en Gropius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e escritor. Diácono en Lyon, escribiu De electione episcoporum e a colección canónica Capitula ex lege et ex canone collecta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro electrotécnico estadounidense. Traballou na Western Electrical Company e na Bell American Telegraph Company. Especializouse en radiotécnica, perfeccionou diversos sistemas de telegrafía e telefonía, e construíu o oscilador de tubos electrónicos que leva o seu nome, oscilador Hartley. Estudiou a transmisión de información e en 1928 enunciou a lei segundo a que a potencia cuantitativa dun medio de transmisión é proporcional á amplitude da banda de frecuencia propia deste medio, moi empregada nos procedementos de modulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pai da Igrexa e bispo de Lyon (178?-202?). Discípulo de san Policarpo, bispo de Esmirna, foi un dos principais teólogos do seu tempo. En Lyon foi ordenado sacerdote por san Potino e participou activamente nas disputas teolóxicas do seu tempo. Orientou a súa actividade para a evanxelización da Galia e para a loita contras as herexías; destacou fundamentalmente como polemista antiagnóstico e profundo coñecedor da tradición católica. Escribiu Adversus haereses. Na iconografía viste de pontifical; e leva como atributo persoal un facho aceso na man. Venerado como mártir, a súa festividade celébrase o 28 de xuño, aínda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 3 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Lyon. En 798 foi enviado como missus imperial a Septimania para desvincular a igrexa visigoda hispana e integrala na franca. En 799 foi a Urgell e entrevistouse co bispo adopcionista Fiz de Urgell, que foi obrigado a retractarse e confiado a Leidrado para que o custodiase. Cara ao ano 800 volveu a Urgell con Bieito de Aniana e Nebridi de Narbona co fin de facer desaparecer os derradeiros restos de adopcionismo. En 804 ordenou presbítero a Agobardo e enviouno a Lyon para que fose o seu sucesor ao retirarse en 816 ao mosteiro de Saint-Médar de Soissons.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Rhône, Francia, situada na confluencia dos ríos Saona e Ródano (445.452 h [1999]). A súa posición xeográfica entre a Europa alpina e a Europa herciniana potenciou a importancia e influencia da cidade. Predomina o sector terciario con centros de xestión e servicios bancarios, xurídicos, comerciais e financeiros. Creáronse inmensos ramais industriais e residencias nas chairas aluviais. Foi fundada en 43 a C, co nome de Lugdunum. Despois dunha época de esplendor foi invadida polos hunos (s V) e posteriormente ocupada polos visigodos. Formou parte tamén do Reino de Borgoña-Provenza. En 1032 pasou a pertencer ao Sacro Imperio Romano-Xermánico. No s XIII a burguesía puxo a cidade baixo a protección do rei de Francia. As súas liberdades comunais e a súa situación como lugar de paso entre as cidades italianas, francesas e flamencas fixeron da cidade un próspero centro mercantil entre os ss XIV e XV. Na primeira metade do s XVI experimentou a época de maior apoxeo, que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dama inglesa. Coñecida como Lady Hamilton, casou en 1791 con William Hamilton, embaixador en Nápoles. Desde 1798 foi amante do almirante Nelson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Décimo terceiro concilio ecuménico da Igrexa Católica, convocado polo Papa Inocencio IV en 1245. Tivo por finalidade acabar coa mala conduta de cóengos e laicos, co perigo do Islam, co cisma grego, coas invasións tártaras e coa ruptura entre o papa e o Emperador Federico II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Décimo cuarto concilio ecuménico da Igrexa Católica, convocado polo Papa Gregorio X en 1274. O obxectivo principal foi a unión da Igrexa grega coa de Roma e o proxecto dunha nova Cruzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Francia sudoriental que limitaba ao N e ao NL con Borgoña, ao SL co Delfinado, ao O con Auvernia e ao S con Languedoc. Comprende os departamentos de Loire e Rhône e unha parte dos de Ain e Haute Loire. A capital e o principal núcleo urbano é Lyon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biblista francés. Xesuíta desde 1919, foi profesor da Sagrada Escritura en Lyon Fourière (1938) e no Pontificio Instituto Bíblico de Roma (1943). Foi un dos especialistas máis destacados do Novo Testamento e publicou Theologia biblica Novi Testamenti (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO