"Mílos" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Polisacárido lineal constituído unicamente por unidades de glicopiranosa α, que forma a fracción soluble en auga quente do amidón e dá coloración azul co iodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adepto ao bogomilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador checo. Estudiou na escola de cine de Praga, mentres escribía guións e traballaba como axudante de dirección. Na década de 1960 creou un estilo de comedia baseado na vida cotiá, a naturalidade dos actores e o desenvolvemento de escenas longas en películas como Cerny Petr (O as de picas, 1963), Lásky jedné plavovlásky (Os amores dunha loura, 1965) ou Hori, ma panenko! (Ó lume bombeiros!, 1967). Coa invasión soviética en 1968 emigrou a EE UU, onde rodou diversas películas con bastante éxito como One Flew Over the Cukoo’s Nest (Alguén voou sobre o niño do cuco, 1975), coa que gañou varios Oscar, Amadeus (1984), coa que consegue tamén moitos Oscar, Valmont (1989), The People vs. Larry Flynt (1996), ou Man on the Moon (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa grega do Mar Exeo, situada no arquipélago das Cícladas (148 km2; 4.554 h [1981]). Está constituída por unha masa de rochas volcánicas sobre un zócolo cristalino. Na Antigüidade foi ocupada polos dorios de Esparta (s XIII a C) e formou parte da Liga Délica (425-424 a C). Ao final da Guerra do Peloponeso o almirante espartano Lisandro liberouna da súa dependencia ateniense. Foi posesión macedónica en época helenística e pasou aos romanos. Atesourou, oculta durante séculos, a escultura de Afrodita de MÏlos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Serbia (1815-1839 e 1858-1860). Participou na rebelión contra os turcos (1804-1813) pero despois aliouse con eles e recoñecérono príncipe herdeiro en 1830. Polo seu goberno tiránico tivo que abdicar e retirado en Valaquia, foi novamente proclamado pola Skup~stina (Parlamento) co título de pai da patria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político serbio. En 1984 foi nomeado presidente da Savez Komunista Srbije (Liga Serbia dos Comunistas), que se rebautizou como Socijalisticka Partija (Partido Socialista), e en 1988 foi escollido presidente de Serbia, cargo renovado en 1990 e 1992. Foi o impulsor do proxecto da Gran Serbia. En 1992 promoveu a guerra contra Croacia e deu soporte ao goberno serbio instaurado en Bosnia e presidido por R. Karadzić. Baixo presión diplomática, en 1995 asinou os Acordos de Dayton que deron fin á guerra da antiga Iugoslavia. As eleccións municipais de 1996 mostraron a derrota da súa coalición Socijalisticka Partija Srbije (Partido Socialista Serbio) e o non recoñecemento dos resultados ocasionou multitudinarias manifestacións promovidas pola coalición opositora Zejedno. Foi nomeado presidente da República Federal de Iugoslavia en 1997 pero en 2001 foi derrotado e xulgado polo Tribunal Internacional de Xustiza tras a intervención iugoslava en Kosovo (1999), por crimes contra a humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO