Forman, Miloš

Forman, Miloš

Realizador checo. Estudiou na escola de cine de Praga, mentres escribía guións e traballaba como axudante de dirección. Na década de 1960 creou un estilo de comedia baseado na vida cotiá, a naturalidade dos actores e o desenvolvemento de escenas longas en películas como Cerny Petr (O as de picas, 1963), Lásky jedné plavovlásky (Os amores dunha loura, 1965) ou Hori, ma panenko! (Ó lume bombeiros!, 1967). Coa invasión soviética en 1968 emigrou a EE UU, onde rodou diversas películas con bastante éxito como One Flew Over the Cukoo’s Nest (Alguén voou sobre o niño do cuco, 1975), coa que gañou varios Oscar, Amadeus (1984), coa que consegue tamén moitos Oscar, Valmont (1989), The People vs. Larry Flynt (1996), ou Man on the Moon (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Caslav, República Checa