"MIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 424.

    1. Título ou dignidade de abacómite.

    2. O tempo de exercicio dese cargo.

    3. Territorio baixo a xurisdición dun abade ou abade laico que posuía o título de conde, o cargo exercíao o abaconde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Na época carolinxia, abade investido da dignidade de conde.

    2. Nobre ou calquera outro segrar ao que se lle atribúe en encomenda o goberno dunha abadía ou igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor dramático turco. As súas poesías testemuñan o xogo da filosofía occidental coa relixión musulmana. Autor de numerosos dramas históricos de inspiración romántica, destacan Ešber (1881) e Finten (1887), que lle outorgaron un lugar destacado na literatura nova do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomano (1774-1789), sucesor do seu irmán Mustafá III. Co gallo da guerra contra Rusia por Crimea e a ribeira esquerda do Danubio (1768-1774), asinou o tratado de Küçük Kaynarca (1774). Reprimiu numerosas revoltas locais, especialmente a de Exipto (1786-1787). No ano 1786 foi derrotado por Rusia. Sucedeuno Selim III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomano (1876-1909). Despois da caída do seu irmán Murat V chegou ao poder co apoio dos Mozos Turcos, quen acadaron que promulgase unha constitución liberal (1876). Reprimiu salvaxemente a insurrección dos Balcáns e provocou a intervención de Rusia, que declarou a guerra a Turquía (1877). Despois de derrotala, obrigouna a aceptar o tratado de Santo Stefano e a desmembración do Imperio Otomano no Congreso de Berlín (1878). A súa política represiva continuou e foi especialmente cruenta contra os armenios. O seu goberno, partidario do panislamismo, contribuíu á ruína do Imperio. Foi destronado polos Mozos Turcos e sucedido por Mehmet V (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo ao adamismo.

    2. Persoa que vai núa a imitación de Adán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arsenio de zinc hidratado, Zn2AsO4(OH). Cristaliza no sistema rómbico, a miúdo en forma de pequenos cristais reunidos en drusa, de exfoliación perfecta, incoloros ou de cores diversas. Ten unha dureza de 3,5 e peso específico 4,3-4,5.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos adamitas.

    2. adámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inversa á impedancia, é dicir, a relación entre a intensidade e a tensión nunha corrente alterna. Mide a facilidade coa que esta corrente recorre un condutor ou un circuíto determinado, baixo o efecto da fem aplicada. A súa unidade é o siemens. Chámase tamén condutancia aparente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recibir, dar entrada nalgún lugar.

    2. Aprehender ou aceptar algo como verdadeiro.

    3. Consentir ou permitir que se realice unha cousa ou acontecemento.

    4. Contratar ou cando menos, permitir a participación nun exame ou nunha proba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo norteamericano de rock duro fundado en 1970 e integrado por Steve Tyler (voz), Joe Perry (guitarra), Tom Hamilton (baixo), Brad Whitford (guitarra) e Joey Kramer (batería). A súa aparición na escena musical actuou como revulsivo fronte ao power flower imperante na época. O seu estilo e a lenda que os asociou ao sexo e ás drogas converteunos nunha das bandas máis versionadas do panorama do rock duro. Destacan os discos: Get your wings (1974), Live Bootleg (1978), Permanent vacation (1987) e Nine Lives (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo ruso. Fixo estudios sobre a formación das rochas magnéticas no Cáucaso, sobre a orixe das rochas e sobre a xénese do petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor turco. Escribiu novelas de entretemento segundo modelos franceses e teatro histórico de tendencia naturalista. A finalidade didáctica das súas obras fai que sexa considerado promotor do movemento dos Mozos Turcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos principais bodhisattva do budismo mahāyāna. Segundo a tradición, Amitabha prometeu que non accedería á beatitude final ata a salvación de todos os seres. Reina en Occidente nun paraíso ou país puro no que só se entra coa fe e a entrega a Amitābha. Esta doutrina, que se explica na popular sūtra, Sukhāvatī Vyūha, estendeuse por China, onde se mesturou inicialmente co taoísmo e onde o Amituo se representa en forma de figura sobre a fronte de Guanyin (Avalokite’s-vara). Foi introducida en Xapón a partir do século XII; os seus seguidores (Jōdo mon) dividíronse en diversas sectas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pano que o sacerdote ou outros oficiantes colocan sobre os ombreiros, por debaixo da alba, para celebrar a misa ou outros actos litúrxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División celular directa provocada por estrangulamento, na que non interveñen filamentos cromosómicos e non está garantizada a repartición exacta do material xenético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á amitose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que actúa como acaricida de aplicación foliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia estrutural derivada do dibenzocicloheptadieno. Utilízase en medicina como antidepresivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome chinés de Amitābha.

    VER O DETALLE DO TERMO