"Maceda" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • GALICIA

    Comarca do S de Galicia a medio camiño entre as áreas montañosas da Serra de Queixa e a sucesión de depresións tectónicas de Ourense-A Limia-Monterrei. Nunha superficie de 382 km2viven no 1996, 15.937 persoas, o que supón unha densidade de 41,71 h/km2. A comarca está formada polos concellos de Allariz (5.178 h), Baños de Molgas (2.292 h), Maceda (3.467 h), Paderne de Allariz (1.718 h), Xunqueira de Ambía (2.150 h) e Xunqueira de Espadañedo (1.132 h). O propio nome denota unha bicefalia: a comarca conta con dous pequenos núcleos urbanos de importancia semellante: Allariz e Maceda. Ambos reparten a súa influencia funcional. A proximidade a Ourense e a competencia interna impediu a consolidación dun centro reitor comarcal claro. A comarca artéllase ao redor de dous eixos. Un ao N: a estrada C-536 en dirección a Valdeorras no que se asenta Maceda. E outro ao S: a estrada N-525 que pasa por Allariz. As dúas vilas son tamén lugar de confluencia de estradas locais desde as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno. No ano 1864, cando abandonou a carreira eclesiástica para dedicarse á política, afiliouse ao partido liberal. A partir do ano 1870 foi deputado en diferentes ocasións e, dende 1882 ata 1886, ocupou o cargo de ministro no gabinete do Presidente Domingo Santa María. Cando asumiu a Presidencia do país, no ano 1886, promoveu a educación pública e realizou numerosas obras públicas. En 1891, logo de oito meses de guerra civil, abandonou o cargo e suicidouse pouco despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Maceda, onde se atopa á capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Allariz-Maceda situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia, situado a 42° 16’ 00’’ de latitude N e 7° 38’ 40’’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Esgos (Ourense), Xunqueira de Espadanedo (Allariz-Maceda) e Montederramo (Terra de Caldelas), co que tamén limita ao L; ao S co de Vilar de Barrio (A Limia); e ao O cos de Baños de Molgas e Paderne de Allariz, ambos os dous na comarca de Allariz-Maceda. Abrangue unha superficie de 101,9 km 2 cunha poboación de 3.146 h (2007) distribuída nas parroquias de Asadur, Castro de Escuadro, As Chás, A Costa, Covas, Foncuberta, Maceda, Piúca ou Araúxo, Santiso, Tioira, Vilardecás e Zorelle. A súa capital está na vila de Maceda, na parroquia homónima, que dista 139 km de Santiago de Compostela e a 28 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense, arciprestados de Maceda e Montederramo, e á xurisdición do partido xudicial de Ourense.
    Xeografía física
    O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un grifón de ouro; bordo de prata cargado de oito pintas de armiños de sable. Outra variante leva, en campo de goles, unha torre de prata, cunha doncela asomada a unha fiestra; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi alcalde de Betanzos, e copiou do arquivo do mosteiro bieito de Meira (Lugo) un Cronicón ou Historia de Galicia, do que fixo un cotexo en 1704.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido polo Rei Filipe IV en 1654 ao cabaleiro de Santiago, Alonso de Lanzós e Novoa, Andrade e Soutomaior , vizconde de Laiosa. Herdou o título o seu fillo primoxénito, Bernardino de Lanzós e Andrade . O III conde foi o fillo do anterior, Antonio de Lanzós Montenegro e Soutomaior pero pasou cedo ao seu irmán Xosé Bieito de Lanzós Novoa e Andrade en tempos de Filipe V (1710). O seu fillo, Antonio Pedro Nolasco de Lanzós e Taboada , herdou o condado, pero á súa morte (1754), e sen deixar descendencia, o título pasou ao seu irmán Baltasar de Lanzós e Taboada . O VII posto sucesorio ostentouno outro irmán, Francisco Xabier e despois a última dos irmáns, María Ignacia . O seu fillo foi o IX conde de Maceda, Gonzalo Manuel de Lando e Lanzós. Os títulos que acumulou pasaron ao xeneral Baltasar Pardo de Figueroa e Sarmiento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Maceda. De planta cuadrangular, data cara ao s XII, e está encaixada nunha muralla que aínda presenta restos de dous torreóns redondos, barbacás e un corpo trapezoidal. O acceso era por unha porta en arco e o corpo tiña unha ampla solaina de balaústres e balconada. Foi utilizada basicamente como residencia, e entregada a María Fernández, filla de Tareixa de Portugal e Pedro Froilaz, conde de Traba, polo seu casamento con Xoán Ares de Novoa (s XIII). Na Segunda Guerra Irmandiña (1467), o castelo de Maceda foi asaltado e derrubado en parte por Diego de Lemos, fillo de Afonso López de Lemos. Foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO