"Male" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 54.
-
PERSOEIRO
Sociólogo exipcio. Os seus traballos, caracterizados por unha metodoloxía marxista, tratan sobre os modos de relación entre superestruturas e infraestruturas, o imperialismo e a cuestión nacional. É autor de Egypte, société militaire (Exipto, sociedade militar, 1962) e Idéologie et renaisance nationale: l’Egypte moderne (Ideoloxía e renacemento nacional: o Exipto moderno, 1969). Empregou o concepto de especifidade, na súa obra Dialectique social (Dialéctica social, 1972), para analizar as diferenzas entre as sociedades nun mundo marcado por un proceso crecente de mundialización.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos amalecitas.
-
Individuo dunha das tribos nómadas establecidas no S do Negueb, que aparecen na Biblia como descendentes de Amalec, neto de Esaú. En guerra constante cos israelitas, foron exterminados por David.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
amalecita.
-
PERSOEIRO
Pintora de orixe galega. Estudiou Maxisterio e Belas Artes na Universidad Nacional de la Plata, aínda que se formou no taller de Jorge Demirguian. Foi profesora na Universidad Nacional de la Plata e axudante de cátedra na facultade de Arte da Universidad de Río Cuarto. Realizou exposicións, entre outros países, na Arxentina, Brasil, Italia e Grecia, e tamén en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Réptil dos xéneros Chamaeleo e Brookesia, da familia dos camaleónidos, de corpo comprimido lateralmente e a cabeza, tetragonal, adornada cunha serie de cristas, pregaduras ou cornos. Os globos oculares, con capacidade para moverse de xeito independente, sobresaen aos lados da cabeza e poden proporcionar visión binocular. Aínda que o tamaño medio dos camaleóns oscila entre 15 e 30 cm, algunhas especies de Madagascar acadan os 80 cm. A pel é granulada, a cola prénsil, con capacidade para soportar o peso do corpo, e as extremidades son longas e finas, cos dedos dispostos a xeito de tenaces para aferrar as pólas. Capturan o alimento coa punta adhesiva da lingua, que poden proxectar a unha distancia superior á do corpo do animal. O tamaño da presa varía segundo o camaleón, e así as especies de menor porte aliméntanse fundamentalmente de insectos mentres que as maiores poden capturar réptiles, aves e mamíferos pequenos. Son ovíparos e depositan, normalmente, ata 30 ovos ocultos...
-
Persoa que cambia de opinión ou actitude para adoptar, segundo as ocasións, a máis vantaxosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral situada ao S de Carena e ao O da Ave do Paraíso. Foi introducida na Uranometria de J. Bayer en 1603.
-
-
Relativo ou pertencente ao camaleón.
-
Referido ao que muda de opinión ou de actitude para adoptar, segundo as ocasións, aquela máis vantaxosa.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos camaleónidos.
-
Réptil da familia dos camaleónidos.
-
Familia de réptiles á que pertencen os camaleóns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pos brancos, solubles en auga e alcohol, que se empregan como antihistamínico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Armazón que sostén provisionalmente un arco, unha bóveda ou unha construción.
-
CAPITAIS
Capital de Maldivas (74.497 h [2000]). A principal actividade económica baséase nas exportacións de produtos derivados da agricultura e da pesca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte. Foi defensor dunha postura iconográfica estrita, que fai da obra de arte un documento secundario e da idea ou o personaxe que representa, o verdadeiro suxeito de estudio. Centrouse na análise do momento medieval, sobre todo o gótico. Da súa produción destacan L’art religieux du XIII siècle en France (1899), L’art religieux de la fin du Moyen Âge en France (1908) e Arts et artistes du Moyen Âge (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade dun material de deformarse dunha maneira permanente en forma de láminas, pola acción dun esforzo externo. É unha propiedade característica de moitos metais: ouro, prata, cobre, cinc, chumbo ou ferro. Os esforzos que dan orixe á deformación son esforzos de compresión, que poden ser producidos mediante un martelo, unha prensa ou a presión de dous cilindros. A maleabilidade, como a dutilidade, é función da curva de esforzo-deformación. Nun metal, aumenta coa temperatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento térmico de recocido de arrefriamento lento que se realiza sobre as fundicións brancas e fráxiles para aumentar a súa maleabilidade. Efectúase nunha atmosfera oxidante e a 1.000 - 1.050°C prodúcese unha disociación da cementita en ferro e carbono, que queda en forma de módulos ou esferas de grafito no interior da peza, á vez que se produce unha descarburación superficial (fundición maleable branca). Nunha atmosfera neutra e a 900 - 1.000°C, todo o carbono queda en forma de grafito e dá á fundición unha cor negra (fundición maleable negra).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer unha maleabilización.
-
-
Aplícase ao material que pode estenderse en láminas ou pranchas.
-
Que pode ser traballado ou modelado con facilidade.
-
Que non ten caráter e que se deixa influír facilmente.
-
Que se adapta ou acomoda sen dificultades.
-
-
PUNTA
Punta de Grecia, situada no Mar Exeo, que constitúe o extremo sudoriental de Peloponeso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ensanchamento que forma o río Congo antes de atravesar o limiar precámbrico do Baixo Congo.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Membro do Oratori (1660), tentou conciliar e sintetizar o cartesianismo e o agostinismo, e tamén relacionar a fe e a razón. Chegou por este método, a identificar a verdadeira filosofía coa relixión. Sostivo tamén a teoría da visión das cousas en Deus, e defendeu a doutrina das causas ocasionais (ocasionalismo). Entre as súas obras destacan De la recherche de la vérité (1674-1678), Traité de la nature et de la grâce (1680), Méditations chrétiennes (1683) e Entretiens sur la métaphysique et la religion (1688).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de maldicir falando mal doutras persoas.
-
Expresión coa que se maldí ou critica a alguén.
-