Abd el-Malek, Anouar
Abd el-Malek, Anouar
Sociólogo exipcio. Os seus traballos, caracterizados por unha metodoloxía marxista, tratan sobre os modos de relación entre superestruturas e infraestruturas, o imperialismo e a cuestión nacional. É autor de Egypte, société militaire (Exipto, sociedade militar, 1962) e Idéologie et renaisance nationale: l’Egypte moderne (Ideoloxía e renacemento nacional: o Exipto moderno, 1969). Empregou o concepto de especifidade, na súa obra Dialectique social (Dialéctica social, 1972), para analizar as diferenzas entre as sociedades nun mundo marcado por un proceso crecente de mundialización.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : O Cairo