"Malta" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo ecuatoriano. Formou parte do grupo de Guayaquil, iniciador no seu país dunha narrativa na que a psicoloxía cedía ante a exposición dos problemas colectivos. Escribiu, entre outras obras, as novelas Don Goyo (1933), Madrid, reportaje novelado de una retaguardia heroica (1937), El secuestro del general (1973), Jaguar (1976) e as pezas teatrais Lázaro (1941) e Trilogía ecuatoriana (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de esmaltar.

    2. Acción e efecto de esmaltar.

    3. Obra feita con esmalte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen esmalta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello para esmaltar fotografías. Consiste nunha placa metálica puída onde se dispoñen as fotografías unha vez sacadas do derradeiro baño no proceso de revelado e pasadas por unha solución esmaltadora. Esta placa vai montada nunha caixa que contén unha serie de resistencias eléctricas encargadas de evaporar a auga das copias e de secalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir un obxecto con esmalte.

    2. Adornar algunha cousa combinando diferentes cores, materiais ou matices.

    3. Abrillantar a superficie dunha fotografía por medio da esmaltadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romance popular que narra a derradeira viaxe de peregrinaxe de Guillerme X, duque de Aquitania (1127-1137) e fillo do primeiro trobador coñecido, a Compostela. A primiera versión escrita apareceu en Galicia, de M. Murguía, e a segunda en Literatura Gallega, de E. Carré Aldao. A amizade persoal que Gaifeiros (725-768) tiña co arcebispo Xelmírez levouno en 1121 a escribirlle unha carta pedíndolle protección para Afonso VII de Castela contra Urraca, pois a inimizade co rei de Aragón impedíalle o paso polos seus territorios para se dirixir a Compostela. Despois de facer testamento en 1137 a prol da súa filla Leonor, Guillerme X fixo a súa última peregrinación pero, antes de chegar, caeu enfermo e morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular de Europa, situado no centro do Mediterráneo, a uns 90 km ao S de Sicilia e a uns 290 km ao N de Libia (315,6 km2; 391.000 h [estim 2001]). A súa capital é La Valletta.
    Xeografía
    Está constituída por un pequeno arquipélago que comprende as illas de Malta, Gozo e Comino (Kemmuna), Cominotto e Filfla. Malta é un bloque calcario de forma tabular, cunha altitude máxima de 258 m, e sen ríos. O clima é mediterráneo e a vexetación predominante é a maquis e o mato. A agricultura ten pouca importancia e está limitada polas condicións naturais. Cultívanse cereais, patacas, hortalizas, legumes, forraxe, grana e cítricos. A gandería está representada pola cría de porcos e o gando bovino e lanar. A actividade industrial é reducida e só destaca a reparación naval, a industria electrónica, a industria téxtil, a da confección e a da construción. Desde 1980, a principal actividade económica é o turismo. Os transportes céntranse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Loita naval na illa de Malta que tivo lugar o 3 de maio de 1283, entre a flota catalana, comandada por Roger de Lloria, e a de Carlos I de Nápoles. Supuxo a anexión de Malta e Gozo á Coroa de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • orde de San Xoán de Xerusalén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizar unha maltaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima hidrolizante da maltosa, que a transforma en dúas moléculas de glicosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación de converter o orxo en malte. Os grans de orxo déixanse en remollo tres ou catro días e logo esténdense en locais acondicionados para que xerminen. Cando os xermes alcanzan o tamaño de grans, sométense a unha corrente de aire quente que fai que se separen uns dos outros. Os grans tórranse a 80°C ou a temperaturas superiores. Da fariña pouco torrada obtense a cervexa rubia, e da fariña moi torrada, a cervexa negra.

    VER O DETALLE DO TERMO