"Manche" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos comanches ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo nómade amerindio dos comanches.

    3. Tribo de indios de América do Norte, pertencentes ao grupo dos shoshones e asentados orixinariamente nas chairas situadas ao L das Montañas Rochosas, nos estados de Oklahoma, Colorado e Wyoming, que se dedicaban á caza do bisonte. Nos ss XVII-XVIII emigraron aos territorios situados ao sur, enfrontándose á colonización de Texas. Establecidos en Arkansas no s XIX, sostiveron duras loitas cos colonos, que non finalizaron coa firma dos tratados de 1864 debido aos incumprimentos sistemáticos do goberno. Foron recluídos, xunto cos kiowas e os kiowa-apaches, nunha reserva do estado de Oklahoma no ano 1867.

    4. Lingua falada polos comanches pertencente ao grupo de linguas uto-azteca da familia uto-azteca-tano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Cultivou un tipo de teatro de carácter poético. Destacan Marvailh an Ene Naoniek (O conto da alma que ten fame), Gurvan ar Marc’hek Estranjour (Gurvan, o cabaleiro estranxeiro, 1923) e Ar Baganiz (Os pagáns, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Baixa Normandía, Francia (5.938 km2; 481.471 h [1999]). A capital é Saint-Lô.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de cousas que se collen dunha soa vez nunha man ou que caben nunha man.

    2. Gran cantidade dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Mancha.

    2. Natural ou habitante da Mancha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado homónimo, Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do río Irwell (431.100 h [1999]). A súa principal actividade é a industria téxtil algodoeira. Centro comercial na Idade Media e de importación de algodón no s XVII, converteuse na capital da industria téxtil a finais do s XVIII. O seu desenvolvemento foi un exemplo das transformacións sociais da Revolución Industrial. A súa burguesía liberal promoveu na metade do s XIX, movementos políticos e sociais. Foi, por outro lado, escenario de desordes sociais, capital do cartismo, precursora do socialismo británico e centro de movementos cooperativistas e sindicais. Despois de 1838, asumiu o título de cidade e liderou o campo das reformas sociais. Do seu patrimonio cultural destaca a colexiata e o Chetham’s Hospital (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Reino Unido (1.286 km2; 2.585.700 [2000]). A capital é Manchester.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Xamaica (830 km2; 182.900 h [1999]). A capital é Mandeville (39.900 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de pensamento económico, político e social vinculada ás actividades dun grupo de homes de negocios de Manchester, encabezado por R. Cobden e J. Bright (1840-1855). Tomaban como base a experiencia comercial, e apoiábanse na ética utilitarista e nas crenzas relixiosas das novas clases medias xurdidas da Revolución Industrial para defender un librecambismo extremo. O seu principal instrumento político foi a Anti-     -Corn Law League (1839), fundada para combater o arancel do trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á zona onde se fala o romanche, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante desta zona.

    3. Lingua retorrománica do grupo occidental que se fala no cantón suízo de Graubünden. É lingua cooficial no cantón dos Grisóns e, desde 1938, a cuarta lingua oficial de Suíza. Desde 1982 conta co chamado Rumansch Grishum ou lingua escrita unificada. O testemuño máis antigo escrito en romanche é o de cinco palabras incluídas nun códice dos ss XI e XII. O primeiro texto real é unha tradución de 14 liñas dunha homilía latina incluída nun manuscrito (principios s XII) conservado en Einsiedeln. As diferenzas entre os dialectos son fundamentalmente léxicas, aínda que tamén presentan trazos dispares de tipo fonético e morfolóxico. Distínguense cinco variedades de romanche: o sobreselvano, no val de Vorderrhein; o subselvano ou sotoselvano, no lado inferior do bosque e nos arredores da cidade de Andeer, no Hinterrhein; o engadino alto, ou puter, no SL (zona alta do val do Inn); o engadino baixo ou valader, no NL; e o surmirano, falado nos distritos de Xulia e Albula, en Graubünden central.

    VER O DETALLE DO TERMO