romanche
(
-
adx
Relativo ou pertencente á zona onde se fala o romanche, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante desta zona.
-
s
m
[LING]
Lingua retorrománica do grupo occidental que se fala no cantón suízo de Graubünden. É lingua cooficial no cantón dos Grisóns e, desde 1938, a cuarta lingua oficial de Suíza. Desde 1982 conta co chamado Rumansch Grishum ou lingua escrita unificada. O testemuño máis antigo escrito en romanche é o de cinco palabras incluídas nun códice dos ss XI e XII. O primeiro texto real é unha tradución de 14 liñas dunha homilía latina incluída nun manuscrito (principios s XII) conservado en Einsiedeln. As diferenzas entre os dialectos son fundamentalmente léxicas, aínda que tamén presentan trazos dispares de tipo fonético e morfolóxico. Distínguense cinco variedades de romanche: o sobreselvano, no val de Vorderrhein; o subselvano ou sotoselvano, no lado inferior do bosque e nos arredores da cidade de Andeer, no Hinterrhein; o engadino alto, ou puter, no SL (zona alta do val do Inn); o engadino baixo ou valader, no NL; e o surmirano, falado nos distritos de Xulia e Albula, en Graubünden central.