"Manchester" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • CAPITAIS

    Capital do condado homónimo, Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do río Irwell (431.100 h [1999]). A súa principal actividade é a industria téxtil algodoeira. Centro comercial na Idade Media e de importación de algodón no s XVII, converteuse na capital da industria téxtil a finais do s XVIII. O seu desenvolvemento foi un exemplo das transformacións sociais da Revolución Industrial. A súa burguesía liberal promoveu na metade do s XIX, movementos políticos e sociais. Foi, por outro lado, escenario de desordes sociais, capital do cartismo, precursora do socialismo británico e centro de movementos cooperativistas e sindicais. Despois de 1838, asumiu o título de cidade e liderou o campo das reformas sociais. Do seu patrimonio cultural destaca a colexiata e o Chetham’s Hospital (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Reino Unido (1.286 km2; 2.585.700 [2000]). A capital é Manchester.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Xamaica (830 km2; 182.900 h [1999]). A capital é Mandeville (39.900 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de pensamento económico, político e social vinculada ás actividades dun grupo de homes de negocios de Manchester, encabezado por R. Cobden e J. Bright (1840-1855). Tomaban como base a experiencia comercial, e apoiábanse na ética utilitarista e nas crenzas relixiosas das novas clases medias xurdidas da Revolución Industrial para defender un librecambismo extremo. O seu principal instrumento político foi a Anti-     -Corn Law League (1839), fundada para combater o arancel do trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO